Cantigas de Santa Maria/CCCI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCI


Como Santa Maria de Vila-Sirga tirou un escudeiro de prijon, que o tiinnan en carron
pera matar.

Macar faz Santa Maria miragres da natura,
muitas vezes y os cambia por mostrar ssa apostura.

E daquest' un gran miragre demostrou ha vegada
a Virgen en Vila-Sirga, na sa egreija onrrada,
por un escudeiro preso que ena prijon rogada
a ouve que o livrasse daquela prijon tan dura.
Macar faz Santa Maria miragres da natura...

Ca el en mui grandes ferros e en cadas jazia
pres' en Carron, ca fezera por que a morrer devia;
pero sempre jajava dias de Santa Maria,
na ssa mercee fiando, mui conprida de mesura.
Macar faz Santa Maria miragres da natura...

Quando soube que julgado era que lle dessen morte,
chorou muito dos seus ollos e fezo chanto mui forte,
dizend': «Ay, Santa Maria, tu que es lum' e conorte
dos coitados, tu me guarda de tan gran malaventura
Macar faz Santa Maria miragres da natura...

Que en tal prijon non moira nen ar seja justiçcado;
mas ta mercee me valla e non cates meu peccado,
e sse t' algun pesar fige, que seja eu perdõado,
e des oi mais te prometo que me guarde de loucura.»
Macar faz Santa Maria miragres da natura...

Des quand' aquest' ouve dito, appareceu-ll' a Reynna
dos ceos con gran conpanna d' angeos que sigo tia,
e fillou-o pela mão e soltó-o muit' aga
dos ferros, e disse logo: «Sal desta prijon escura.»
Macar faz Santa Maria miragres da natura...

E logo sse sentiu livre da prijon o escudeiro
u jazia, e aquesto foi ao sono primeiro,
e achou-s' en Vila-Sirga, e foi ende ben certeiro
que o fezera a Virgen, cujo ben por senpr' atura.
Macar faz Santa Maria miragres da natura...

E quantos ena eigreja achou fezo ben certãos
deste feito, pois lle viron ter os ferros nas mãos
ant' o altar a desora, e todos seus nenbros sãos;
e poren loaron todos a Virgen santa e pura.
Macar faz Santa Maria miragres da natura...