Cantigas de Santa Maria/CCCII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCII


Como Santa Maria de Monsarrat descobriu un furto que se fez na sa ygreja.

A Madre de Jhesu-Cristo, que é Sennor de nobrezas,
non soffre que en sa casa façan furtos nen vilezas.

E dest' un mui gran miragre vos direi que me juraron
omees de bõa vida e por verdade mostraron
que fezo Santa Maria de Monssarrat, e contaron
do que fez un avol ome por mostrar sas avolezas.
A Madre de Jhesu-Cristo, que é Sennor de nobrezas...

Este con outra gran gente vo y en romaria,
e acolleu-ss' a un ome con que fillou conpania;
e quando chegou a noite, os dinneiros que tragia
lle furtou da esmolneira por crecer en sas requezas.
A Madre de Jhesu-Cristo, que é Sennor de nobrezas...

Outro dia de mannãa, des que as missas oyron,
os que ali albergaron da eigreja sse sairon;
mas el en sair non pode, e esto muitos o viron,
ca non quis Santa Maria, que é con Deus nas altezas,
A Madre de Jhesu-Cristo, que é Sennor de nobrezas...

Ata que ben repentido foss' e ben mãefestado
e todo quanto furtara ouvess' ao outro dado,
e que dissess' ante todos de com' avia errado,
e sayss' en con vergonna por sas maas astruguezas.
A Madre de Jhesu-Cristo, que é Sennor de nobrezas...

Tod' aquest' assi foi feito, ca o quis a verdadeira
Madre de Deus piadosa, santa e mui justiceira,
que non quis que en ssa casa fossen per nulla maneira
feitas cousas desguisadas nen cobiiças per pobrezas.
A Madre de Jhesu-Cristo, que é Sennor de nobrezas...