Cantigas de Santa Maria/CCCIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCIII


Como ha omagen de Santa Maria falou nas olgas de Burgos a a moça que ouve
medo.

Por fol tenno quen na Virgen non á mui grand' asperança,
ca noss' esforç' é nos medos e nas coitas amparança.

Desto direi un miragre que conteu no mõesteiro
de Burgos, e se m' oirdes, direi-vo-lo tod' enteiro,
que mostrou Santa Maria por toller med' e fazfeiro
da moça que avia tod' esto sen dovidança.
Por fol tenno quen na Virgen non á mui grand' asperança...

Costum' é que as menas que ena orden criadas
son, que grandes travessuras fazen algas vegadas;
poren freiras que as guardan lles dan, per que castigadas
sejan e non façan cousas per que caian en errança.
Por fol tenno quen na Virgen non á mui grand' asperança...

Onde daquesto avo que ha moça fazia
amiud' i travessuras que pesavan a ssa tia;
e castigava-a ende, ca mayor ben lle queria
ca ssi nen a outra cousa. E porende, sen dultança,
Por fol tenno quen na Virgen non á mui grand' asperança...

Atan gran medo avia dela, que sol non ousava
apparecer u a visse quand' alga vez errava.
E a ffreira da parte a feri' e castigava,
e da outra lle fazia muit' algu' e muita criança.
Por fol tenno quen na Virgen non á mui grand' asperança...

Onde un dia ll' avo que fez mui gran travessura,
por que aquela sa tia ouve dela gran rancura
e buscou-a por feri-la; mas ela, por sa ventura
bõa, foi-ss' aa omagen da Virgen sen demorança.
Por fol tenno quen na Virgen non á mui grand' asperança...

E chorando e tremendo diss': «Ai, Virgen groriosa,
acorre-m' a esta coita tu que es tan piadosa
que acorre-los coitados; poren, Sennor preciosa,
fais que est' erro que fige que cáia en obridança
Por fol tenno quen na Virgen non á mui grand' asperança...

De mia tia, que aquesto nunca lle venna emente.»
Respos-ll' enton a omagen manss' e en bon contente:
«Aquesto que me tu rogas farei eu de bõa mente,
tanto que oi mais teu feito non[o] metas en balança.»
Por fol tenno quen na Virgen non á mui grand' asperança...

Desto que diss' a omagen foi a moça espantada,
pero recebeu esforço de que foi mui conortada;
e pois vo outro dia, ssa tia a ouv' achada,
e depois que soub' o feito, ouve na Virgen fiança.
Por fol tenno quen na Virgen non á mui grand' asperança...

E a [ssa] sobrynna logo pera ssa casa levou-a,
e des ali adeante amou-a muit' e onrrou-a,
e en logar de com' ante a feria, faagou-a,
e do que sabor avia fez-ll' end' amor e pitança.
Por fol tenno quen na Virgen non á mui grand' asperança...