Cantigas de Santa Maria/CCCLX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLX


Esta e de loor de Santa Maria.

Loar devemos a Virgen porque nos sempre guanna
amor de Deus e que punna de nos guardar de sa sanna.

Ca enquant' é de Deus filla e criada e amiga,
en rogar-lle que nos ame sol non á Deus que lle diga,
e enquant' el é seu Fillo, pero o mundo juyga,
de nos perdõar por ela non é cousa muit' estranna.
Loar devemos a Virgen porque nos sempre gaana...

E pois Deus quis seer ome fillando a carne dela,
dali nos fez seus parentes pora amar-nos por ela;
e per esta razon mesma dev' el a perder querela
de nos e guardar do demo, que nos engana per manna.
Loar devemos a Virgen porque nos sempre gaana...

Demais que dirá Deus Padre a seu Fill' o dia forte
do juyzo, quando ll' ele mostrar a cruz u pres morte
e as chagas eno corpo que pres pera dar conorte
a nos: «Nunca piedade foi nen será ja tamanna.»
Loar devemos a Virgen porque nos sempre gaana...

E demais, como Deus pode seer contra nos irado
quando lle sa Madr' as tetas mostrar con que foi criado
e disser: «Fillo, por estas te rogo que perdõado
este meu poboo seja e contigu' en ta companna.»
Loar devemos a Virgen porque nos sempre gaana...

E por aquesto te rogo, Virgen santa corõada,
pois que tu es de Deus Filla e Madr' e nossa vogada,
que esta merçee aja por ti de Deus acabada,
que de Mafomet a seita possa eu deitar d'Espanna.
Loar devemos a Virgen porque nos sempre gaanna...