Cantigas de Santa Maria/CCCLXI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLXI


Como Santa [Maria] fez nas olgas de Burgos a a sa omagen que se volveu [na cama] u a
deitaron.

Null' ome per ren non deve a dultar nen a ter
que non pode na omagem da Virgen vertud' aver.

E dest' un mui gran miragre, meus amigos, vos direy
que avo na cidade de Burgos, e mui ben sey
que foi e é gran verdade, ca por as[s]i o achei
provad'; e porende quero del un bon cantar fazer
Null' ome per ren non deve a dultar nen a ter...

A loor da Virgen santa, a Sennor de mui gran prez,
que fezo no mõesteyro das Olgas, que el Rey fez
Don Afonso de Castela, aquel que prime[i]ra vez
vençeu o sennor dos mouros pola fe de Deus cre[c]er.
Null' ome per ren non deve a dultar nen a ter...

En aquele mõesteiro, segund[o] aprendi eu,
Don Affonso, seu bisneto, ha omagen y deu
da Virgen Santa Maria, ca aquel Rey todo seu
era dela, e porende a mandou ali põer.
Null' ome per ren non deve a dultar nen a ter...

En esta tan gran vertude meteu Deus, com' aprendi,
que as monjas que moravan en aquel logar, assi
tiinnam por gran dereito de pedir-lle, que log' y
lles comprisse sas demandas, e non lle davan lezer
Null' ome per ren non deve a dultar nen a ter...

De pedir-llas; e tan toste a Reynna espirital
fazia por sa omagen come se fosse carnal,
ca lles dava seu conorte e guardava-as de mal
e fazia-lles saudes de sas doores aver.
Null' ome per ren non deve a dultar nen a ter...

Demais era tan ben feita e de tan omil fayçon,
que quen quer que a viia en ela gran devoçon
avia. Porend' as monjas todas mui de coraçon
a onrravan e servian a todo o seu poder.
Null' ome per ren non deve a dultar nen a ter...

Ond' avo ena noite de Navidad', en que faz
Santa Ygreja gran festa, que as monjas por solaz
fezeron mui rico leito, e come moller que jaz
deitaron y a omagen e fezerõ-na jazer
Null' ome per ren non deve a dultar nen a ter...

Come moller que parira. E as monjas arredor
do leito pousaron todas, e seend' a gran sabor
catand' aquela omagen, viron-lle mudar coor
na façe e du lado ao outro revolver.
Null' ome per ren non deve a dultar nen a ter...

Enton todo o convento se fillou muit' a chorar,
porque tan gran maravilla lles quisera Deus mostrar
pola sa beyta Madre, en que el quis encarnar
e en tal noyte com' esta por nos sen door naçer.
Null' ome per ren non deve a dultar nen a ter...

E enton toda-las monjas s'ergeron cantando ben:
«Santa Virgen sen mazela, que per bondad' e per sen
feziste que Deus o Padre, que o mundo en si ten
e en que os ceos caben, que podess' en ti caber.»
Null' ome per ren non deve a dultar nen a ter...