Cantigas de Santa Maria/CCCLXXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLXXVII


[C]omo un [Rey] deu a escrivania da vila a un seu criado, e avia muitos contrarios
que o estorvavan contra el Rey, e prometeo algo a Santa Maria do Porto, e fez-ll'
aver.

Sempr' a Virgen groriosa ao que s'en ela fia
ajuda-o per que vença gran braveza e perfia.

E de tal razon com' esta fez un miragr' a Reynna
Santa Maria do Porto por un ome que se tiinna
con ela e os seus livros pintava ben e agin[n]a,
assi que [a] muitos outros de saber pintar vençia.
Sempr' a Virgen groriosa ao que s'en ela fia...

E porend' ha vegada ha obra mui fremosa
pintava da Santa Virgen, Madre de Deus groriosa;
e el Rey, cuj' om' el era, por amor da preçiosa
Sennor, que el muit' amava, prometeu que lle daria
Sempr' a Virgen groriosa ao que s'en ela fia...

Herdade ou outra cousa que ele dar-lle podesse,
en tal que aquesta obra sempre a mui ben fezesse;
mais o ome por merçee lle pediu que lle désse
en Vila-Real a meya da sa escrivania.
Sempr' a Virgen groriosa ao que s'en ela fia...

El Rey enton outorgou-lla e mandou que sen tardada
a carta desta merçee aberta lle fosse dada;
mays o que tiinna os seelos lla ouve mui mal parada
ben preto de quinze dias; mais el Rey nono sabia.
Sempr' a Virgen groriosa ao que s'en ela fia...

Mais depois que a verdade deste feyt' ouve sabuda,
mandou logo que a carta non lle fosse detuda
e que lle déss'outra toste, se non, pa connosçuda
lle faria que peytasse, en que al non averia.
Sempr' a Virgen groriosa ao que s'en ela fia...

Mais aquele, por meaças que el Rey ll'ameaçasse,
sol fazer nono queria, mais dizia que leyxasse
aquel[e] outro a carta e que dela se quitasse,
ca seu amig' o outr' era que a meadade avia.
Sempr' a Virgen groriosa ao que s'en ela fia...

Sobr' esto muitas vegadas mandou el Rey que lla dessen
e que per nulla maneyra de dar non lla detevessen,
e se non, que a sa ira averian, se fezessen
contra esto; mais aqueles alongavan cada dia.
Sempr' a Virgen groriosa ao que s'en ela fia...

Mais aquel Pedro Lourenço que a carta demandava
rogou, a Santa Maria do Port', en que se fiava,
que se el a cart' ouvesse e per ela a gãava,
que maravedis duzentos lle désse, ou a valia.
Sempr' a Virgen groriosa ao que s'en ela fia...

Tanto que esta promessa el ouv' assi prometuda,
logo foi Santa Maria de tod[o] en sa ajuda
e fez contra o notario que el Rey cara san[n]uda
lle mostro[u], e log' a carta ouv' aquel que a pedia.
Sempr' a Virgen groriosa ao que s'en ela fia...

Quand' esto Pedro Lourenço viu, loores deu porende
la Virgen groriosa que aos seus [ben] deffende,
e teve por de mal siso quen contra ela contende;
e fillou logo sa carta e foi ela sa via.
Sempr' a Virgen groriosa ao que s'en ela fia...