Cantigas de Santa Maria/CCCLXXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLXXVIII


[C]omo un ome bõo con sa moller, que morava na colaçon de San Salvador de Sevilla,
tiin[n]a a sa filla doente pera morte, e jouve .III. dias que non falou; e
prometérona a Santa Maria do Porto, e guareçeu.

Muito nos faz gran merçee Deus Padre, Nostro Sennor,
u fez sa Madr' avogada e seu Fillo Salvador.

Ca pois ela avogada é e nossa razon ten,
non pod' al fazer seu Fillo senon juygar-nos ben;
porend' estorvo do demo nono temos en ren,
macar s'el muito traballa de nos seer destorvador.
Muito nos faz gran merçee Deus Padre, Nostro Sennor...

Ca nos torva na saude fazendo-nos enfermar
creendo o seu consello con que nos faz el pecar,
e faz mal aos meninos polo seu poder mostrar...
que é de ffazer nemiga, ca dos maos é peor.
Muito nos faz gran merçee Deus Padre, Nostro Sennor...

Mais a nossa avogada, que ten ben nossa razon,
roga por nos a seu Fillo que nos de sa tentaçon
daquel astroso nos guarde e nos livre d'ocajon
e que nos dia saude cada que nos mester for.
Muito nos faz gran merçee Deus Padre, Nostro Sennor...

Onde daquest' en Sevilla fez ela miragr' atal
qual vos ora contar quero; e des que oyrdes qual
foi, por grande o terredes, ca ela que pod' e val
mostrou y sa gran vertude, ca sempre fez o mellor.
Muito nos faz gran merçee Deus Padre, Nostro Sennor...

E porend' atal miragre é d'oyr, se vos prouguer,
que fezo Santa Maria do Porto, e quen quiser
sabe-lo, que en Sevilla avo da moller
que era mui ben casada con un ome mercador.
Muito nos faz gran merçee Deus Padre, Nostro Sennor...

Estes avian sa filla que amayan mais c'a ssi,
a que pres enfermidade tan grande, com' aprendi,
que per narizes e ollos e da boca outrossi
deitava tanto de sangre, que foi perder a coor.
Muito nos faz gran merçee Deus Padre, Nostro Sennor...

[E] esteve ben tres dias e noytes que non falou;
e tendo-a por morta, a mortalla lle mandou
tallar seu padr' e agynna as candeas ar comprou.
Mais [un] seu conpadre logo se fez seu consellador
Muito nos faz gran merçee Deus Padre, Nostro Sennor...

E disse: «Se vos fezerdes o que vos quero dizer,
esta menyn' ao Porto yde logo prometer
da Virgen Santa Maria, e sse sãar, offreçer
lla yde, e mantenente perderá esta door.
Muito nos faz gran merçee Deus Padre, Nostro Sennor...

Ca eu mia moller tiinna que ja queria transir,
Mais pois lla ouv'outorgado, Santa Maria guarir
a fez; e poren vos rogo que me queyrades oyr,
e prometede-ll' a filla, e seede sabedor
Muito nos faz gran merçee Deus Padre, Nostro Sennor...

Que logo que offrecerdes, que a menyna guarrá.»
E eles lle prometeron que a levassen alá
con sas offertas mui grandes; e a moça log' acá
viveu e abriu os ollos e catou enderredor.
Muito nos faz gran merçee Deus Padre, Nostro Sennor...

E pois pediu que comesse, e deron-lle manamam
un ov' assado mui mole, e comé-o con do pan.
E todos enton loaron a Sennor do bon talan,
dizendo: «Beyta sejas, que dos teus es guardador.»
Muito nos faz gran merçee Deus Padre, Nostro Sennor...

Enton a moça fillaron e foron-sse dessa vez
dereitament' ao Porto e passaron per Xerez;
e pois foron na ygreja da Raynna de gran prez,
teveron y sas noveas sempr' ant' o altar mayor.
Muito nos faz gran merçee Deus Padre, Nostro Sennor...