Cantigas de Santa Maria/CCCLXXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLXXIX


[C]omo Santa Maria do Porto se vengou dos cos[s]arios do mar que roubavan os omees
que viin[n]an pobrar en aquela sa vila.

A que defende do demo as almas dos peccadores,
os seus deffender ben pode d'omes maos roubadores.

Dest' avo no gran Porto que el Rey pobrar mandava,
que é de Santa Maria, en que el muito punnava
de fazer y bõa vila; poren termino lle dava
grande per mar e per terra, ca logar é dos mellores
A que deffende do demo as almas dos pecadores...

Do mundo pera gran vila fazer ou mui gran çibdade.
E el Rey de veer esto avia gran soidade;
poren quanto lle pediam lles dava de voontade,
en tal que pobrar vessen y mui ricos mercadores.
A que deffende do demo as almas dos pecadores...

E por aquesto sas cartas lles mandava que vessen
ali salvos e seguros con quanto trager quisessen,
e que non ouvessen medo, enquant' ali estevessen,
de perderen do seu nada nen prenderen dessabores
A que deffende do demo as almas dos pecadores...

Per omes de sa terra. Sobr' esto de muitas partes
vinnam pera pobrarem, des Jenua te en Charthes;
mais lenno[s] de Catalães, cossarios chos d'artes,
faziam danos nos portos, ca desto son sabedores.
A que deffende do demo as almas dos pecadores...

E roubavan aos mouros que ali per mar querian
vir, e muitos matavan deles e muitos prendian;
e nea reverença aaVirgen non avian
en cujo termino era, come omees malfeitores.
A que deffende do demo as almas dos pecadores...

Onde foi a vegada que ali un salto deron
a mouros que y viinnam, e a todo-los preserom,
e quiseran-s' a ssa terra tornar-se; mais non poderon,
pero tiinnam navios ligeyros e corredores.
A que deffende do demo as almas dos pecadores...

Ca a Virgen gloriosa, cujos son aqueles mares,
fez-lles que sse non podessen mover daqueles logares
du estavan, con mal tenpo, e todo-los seus chufares
fezo que nada non fossen, macar eran chufadores.
A que deffende do demo as almas dos pecadores...

Assi que pela tormenta, que foi grand' a maravilla,
non souberon que fezessen, senon ir pera Sevilla
a tornar o que fillaran a pesar da Madr' e Filla
de Deus, a que dessonraran. E daquesto fiadores
A que deffende do demo as almas dos pecadores...

Deron al Rey en Sevilla; e depois que entregaron
todo quant' ali fillaram, en seu serviço ficarom,
ca ja per nulla maneyra a sas terras non ousaron
tornar daquela vegada. E desto deron loores
A que deffende do demo as almas dos pecadores...

Todos quanto-los oyron aa Virgen gloriosa,
que faz ataes miragres come Sennor poderosa,
Madre do Rey justiçeyro. Ca, pero que piadosa
é, non quer que mal reçeban per ren os seus pobladores
A que deffende do demo as almas dos pecadores...

Nen outros que a sa casa vennan per mar e per terra;
e, empero que os mouros a vezes lle fazen guerra,
aos que vee coitados nunca lle-la porta serra
d'acorrer con sa merçee, que é mayor das mayores.
A que deffende do demo as almas dos pecadores...