Cantigas de Santa Maria/CCCLXXX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLXXX


[E]sta é de loor de Santa Maria.

Sen calar
nen tardar
deve todavia
om' onrrar
e loar
a Santa Maria.

Ca ela non tardou
quando nos acorreu
e da prijon sacou
du Eva nos meteu,
u pesar
e cuidar
sempre nos creçia;
mais guiar
e levar
foi u Deus siia.
Sen calar...

E amar outrossi
devemos mais d'al ren;
e, com' eu veg' e vi,
sempre quer nosso ben,
ca britar
e deitar
foi da sen[n]oria
quem mezcrar
e buscar
mal con Deus queria
Sen calar...

A nos que somos seus
quitamente sen al
dela, porque de Deus
é Madre que nos val
quand' errar
e peccar
per nos[s]a folia
ymos, ar
perdõar
nos faz cada dia.
Sen calar...

Ar en dar-lle loor
avemos gran razon,
ca Deus a fez mellor
de quantas cousas son;
que sen par,
sen dultar,
ést'. E quem diria
en trobar
nen cantar
quant' i converria?
Sen calar...

Poren non quedarei
de sempre lle pedir
merçee, e rogar-ll-ey
que se de mi servir
quer e dar
me logar
u quant' eu querria
eixalçar
e poiar
seus feitos Maria.
Sen calar...