Cantigas de Santa Maria/CCCLXXXII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLXXXII


[C]omo un ric-ome pidia un herdamento al Rey que lle avia a dar por outro que lle
fillara, e nono podia aver dele; e prometeu algo a Santa Maria, e fez-llo aver logo
mui bõo.

Verdad' éste a paravoa que disse Rey Salamon
que dos reys as voontades enas maos de Deus son.

E ele assi as cambya como lle ven a prazer,
ca segund' é Deus e omen e Rey, pode-o fazer;
Deus porque á gran vertude, e Rey por seu gran poder,
e ome porque á siso, entendement' e razon.
Verdad' éste a paravoa que disse Rey Salamon...

E de tal razon com' esta vos quero contar que fez
gran miragre a Santa Virgen do Porto, cabe Xerez,
dum ric-ome que pedia al Rey herdade a vez,
que de dar tudo ll' era, mais dizia-lle de non.
Verdad' éste a paravoa que disse Rey Salamon...

E al Rey muit' afficava que lla désse sen tardar;
mais al Rey non lle prazia, ca lla ya demandar
en logares que ja dera, que non podia tomar
sen fazer tort' e pecado. Poren lle respos enton:
Verdad' éste a paravoa que disse Rey Salamon...

«Se queredes que vos herde, de grado vos herdarey
aliu o fazer possa, ca per ten non fillarey
cousa que eu dada aja; mais tal logar buscarey
per que sejades herdado mui ben e vos dé bon don.»
Verdad' éste a paravoa que disse Rey Salamon...

Mentr' el Rey esto catava, foy-sse-ll' alo[n]gand' assi
ao ric-om' este preyto, que ouv' a morar ali
muit' e o seu despendendo; e, segundo que oý,
era Sevilla muy cara de tod' a essa sazon,
Verdad' éste a paravoa que disse Rey Salamon...

U el Rey enton morava. E porend' ameud' yr
avia muit' a ssa casa o ric-om e lle pedir
que lle déss' o herdamento, e se non, que s'espedir
queria dele e ir-se ao reyno d'Aragon.
Verdad' éste a paravoa que disse Rey Salamon...

Mais al Rey muito pesava e tiinna-o por mal,
porque ele o criara e era seu natural
o en Toledo casara e leyxara y sinal
de fillos que lle naçeran. E aquel ric-om' enton
Verdad' éste a paravoa que disse Rey Salamon...

Con gran coita que avia quis al Rey entrar poren;
mais porque o non colleron, acordou-ss' e fez bon sen,
en terra os gollos ficou e disse: «Per ten
âOn poss' estar que non faga ora a oraçon
Verdad' éste a paravoa que disse Rey Salamon...

A[a] Virgen gloriosa, u toda mesura jaz,
que ela na voontade al Rey meta, se lle praz,
que dé aos monges canbio por Alvaç[a]; e assaz
averei se me der esto, e será bon gualardon.
Verdad' éste a paravoa que disse Rey Salamon...

E se m' aquesta merçee Santa Maria fezer
do gran Port', eu lle prometo que lle darey como quer
dez livras de bõa çera, e fille-as quem quiser;
demais irei a ssa casa e levarey meu bordon.»
Verdad' éste a paravoa que disse Rey Salamon...

Mentr' a oraçon fazia o ric-om', el Rey chamou
Don Manuel, seu irmão, e con el se consellou
de l[l]e dar aquel meesmo que o ric-om' enmentou.
en sa oraçon, e disse a un seu de criaçon:
Verdad' éste a paravoa que disse Rey Salamon...

«Vay e chama a Reimondo de Rocaful, se non for
ydo. «E el vo logo e diz: «Qué vos praz, Sennor?
Diss' el Rey: «Eu dar-vos quero Alvaça, que é mellor
pera vos ca outr' erdade, ca val muit' e sen mixon.»
Verdad' éste a paravoa que disse Rey Salamon...

Reymon, pois ll' el Rey diss' esto, poren graças lle rendeu
e loores aa Virgen do Porto, porque meteu
al Rey est' en voontade; e o que ll' el prometeu
de çera, fez-llo dar logo, chorando con devoçon.
Verdad' éste a paravoa que disse Rey Salamon...