Cantigas de Santa Maria/CCCLXXXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLXXXIII


[C]omo Santa Maria de Següença guardou ha moller que queria entrar en ha nave e caeu
no mar, e guareçeu e sacó-a Santa Maria.

O ffondo do mar tan chão faz come a terra dura
aos seus Santa Maria, Sen[n]or de muy gran mesura.

Dest' avo un miragre grand' e muy maravilloso,
que fezo a Santa Virgen, Madre do Rey glorioso,
por ha moller que tiinna o coraçon desejoso
de a servir noit' e dia. E foy en Estremadura,
O ffondo do mar tan chão faz come a terra dura...

Na çibdade de Segonça que é mui rico bispado;
e cabo da grand' ygreja á un logar apartado
que chamam Santa Maria a Vella, a que de grado
ya essa moller bõa, e en est' era sa cura.
O ffondo do mar tan chão faz come a terra dura...

Esta moller ha filla avia que muyt' amava,
e a cada ha delas ena voontad' entrava
d'iren veer o Sepulcro de Jerusalem, e dava
do seu a quena guiasse por poder yr mais segura.
O ffondo do mar tan chão faz come a terra dura...

E pois aquest' ouve feyto, foy-sse logo sa carreyra
e levou si o sa filla por que non fosse senlleyra,
ca achar non poderia pera ssi tal companneira.
E passou per muitas terras, e atal foi sa ventura
O ffondo do mar tan chão faz come a terra dura...

Que passou o mar en salvo sen neun detemento,
ca enquanto per el foron sempr' ouveron muy bon vento;
e des que foron en Acre, sen outro delongamento
foron veer o Sepulcro no tempo da caentura.
O ffondo do mar tan chão faz come a terra dura...

E poi-lo ouveron visto, ar fezeron romarias
pelos logares mais santos des[s]a terra u Mes[s]ias
Jhesu-Cristo, Deus e ome, andou; e a poucos dias
foron en Acre tornadas, mais non como quen atura
O fondo do mar tan chão faz come a terra dura...

Fazendo mui gran morada en Acre; non y ficaron,
mais agyn[n]a se colleron ao porto e rogaron
a aquel cuja nav' era que as levass', e punnaron
d'entrar mui toste na nave. Mais foi tan grand' a presura
O ffondo do mar tan chão faz come a terra dura...

D'y entrar, e en querendo sobir per ha encaeyra
do batel e[n] essa nave, sobiu a filla primeyra-
mente, e depois a madre cuidou a seer arteyra
de sobir tost', e na agua caeu con sa vestidura.
O ffondo do mar tan chão faz come a terra dura...

E en caendo, chamando a grandes braados ya:
«Acorre-me, Gloriosa, a Vella Santa Maria
de Segonça, en que fio, e fays que mia romaria
acabe compridamente.» E tan toste da altura
O ffondo do mar tan chão faz come a terra dura...

Dos çeos a Virgen santa acorreu-a e passou-a
bes per fondo da agua so a nave, e sacou-a
mui longe da outra parte eno mar, e pois torno[u]-a
arriba viva e sãa con fremosa catadura.
O ffondo do mar tan chão faz come a terra dura...

Todos quantos esto viron foron mui maravillados,
e os gollos en terra ouveron logo ficados
e aa Virgen mui santa prende loores dados,
dizendo: «B[e]yta sejas, dos coytados cobertura.»
O ffondo do mar tan chão faz come a terra dura.

E pois esta moller bõa pela Virgen foi g[u]ardada
assi como ja oystes, e a ssa terra tornada,
teve na Vella ygleja noveas, e mui loada
foi logo Santa Maria per ela, e fez cordura.
O ffondo do mar tan chão faz come a terra dura...