Cantigas de Santa Maria/CCCLXXXV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLXXXV


[C]omo Santa Maria do Porto guareçeu un ome da pedrada mui grande de que nunca
cuidara a guareçer, ca tiinna a tela sedada e tornou-se paralitico, e guareçé-o Santa
Maria.

De toda enfermidade maa e de gran ferida
pode ben sãar a Virgen, que de vertud' é comprida.

Est' avo en Sevilla per vertude da Raynna
dos çeos, Santa Maria do Porto, u muit' agin[n]a
ygreja, u mui loada fosse, fez y na marinna
pera guardar os creschãos dos mouros e ser bastida
De toda enfermidade maa e de gran ferida...

Pera guerrejar or mouros d'Espann' e os afriçãos.
E porende en aquel logo mostrou miragres çertãos
de muitos que y veron enfermos e foron sãos,
ca os que a ssa merçee mester an nunca oblida.
De toda enfermidade maa e de gran ferida...

E tan gran sabor aviam os omes de que sãava
os enfermos, que quen coita avia logo chamava:
«Santa Maria do Porto, val-me» e s'acomendava
a ela; e pois guarian, fazian alá su yda.
De toda enfermidade maa e de gran ferida...

Ond' avo en Sevilla que deron a pedrada
a un ome na cabeça mui grand', assi que britada
ll'ouveron toda a fronte e a tea assedada,
assi que nunca cuidava da chaga aver guarida.
De toda enfermidade maa e de gran ferida...

E pois viu que non sãava, prometeu que ao Porto
da Virgen Santa Maria fosse, que éste conorto
dos coitados, se daquela ferida non fosse morto,
e que de çera levasse un estadal sen falida.
De toda enfermidade maa e de gran ferida...

Mais ante çelorgiãos mostrou com' era maltreito,
dizendo que o sãassen; mais esto non foi en preito
que consello lle posessen. Porend' o ome contreyto
ouv[e] a sseer dun lado, e foi daquela partida
De toda enfermidade maa e de gran ferida...

En que a chaga avia, u foi da pedra ferido.
E el, quando viu aquesto, teve-sse por escamido;
mais acomendou-sse logo ao Port', e foi guarido
e são, ben com' aqueles que tornam de mort' a vida.
De toda enfermidade maa e de gran ferida...

E porende deu loores aa Virgen e noveas
foi ter [en]a sa casa e levou y sas candeas
de çera, ca non de sevo nen d'azeyte nen de teas
nen como d'outras que arden en alga pobr' ermida.
De toda enfermidade maa e de gran ferida...