Cantigas de Santa Maria/CCCLXXXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCLXXXVI


[C]omo Santa Maria avondou de pescado al Rey Don Affonso con mui gran gente que
convidara en Sevilla.

A que avondou do vin[n]o a[a] dona de Bretanna,
ar avondou de pescado un rey com mui gran companna.

Desto direi un miragre que avo en Sevilla,
ena çidade mui nobre que fez Deus por maravilla,
ca non á o[u]tra çibdade que non semellasse filla,
daquelas que son mais grandes no sennorio d'Espanna.
A que avondou do vinno aa dona de Bretanna...

Ali el Rey Don Affonso, fillo del Rey Don Fernando,
fez ajuntar mui gran corte; esto foi no tempo quando
tornou da oste da Veyga de Grãada, e tallando
a andou enredor toda, o chão e a montanna.
A que avondou do vinno aa dona de Bretanna...

E pois que se partiu ende, vo a Sevilla çedo,
en que fazia sas cortes ajuntar, que des Toledo
ben ata en Santiago e depois dalen d'Arnedo
non ouv' y quen non vesse por non caer en sa sanna.
A que avondou do vinno aa dona de Bretanna...

Des que todos y chegaron e el Rey lles ouve dito
por que os vir fezera por paravr' e por escrito,
todos mui ben llo couberon, dizendo: «Seja maldito
o que pas[s]ar contra esto que mandades; ca tamanna
A que avondou do vinno aa dona de Bretanna...

Prol sua nunca fezeron omes como nos faremos
en fazer vosso mandado, e demais que seeremos
vosqu' en assessegamento, por que pois non temeremos
enquisas de mascarade, que contra todos reganna.»
A que avondou do vinno aa dona de Bretanna...

E pois aquest' outorgaron, foi deles el Rey pagado
e ar outorgou-lles logo quant' ouveron demandado
en todas sas petições nas que pedian guisado;
ca quen a sennor demanda sen guisa, é cousa estrãya.
A que avondou do vinno aa dona de Bretanna...

Enquant' as cartas faziam desto, foron convidados
todos del Rey que comes[s]en con el, e que avondados
serian de quant' ouvessen mester; e dest' acordados
foron quantos que y eran des Tui ata Ocanna.
A que avondou do vinno aa dona de Bretanna...

Mais sabbado aquel dia era, e muitos cuidavan
que pescado non ouvessen, ca per rrem nono achavan
a vende-lo en Sevilla; e porende se queyxavam
al Rey os seus despenseyros dizen[do]: «Obra d'aranna
A que avondou do vinno aa dona de Bretanna...

E, Sennor, sse Deus nos valla, aquesto que vos fazedes
en convidar tan gran gente, e pescado non tedes.
E respos-lles el Rey logo: «Asperad' e veeredes
que fará Santa Maria, u jaz merçee quamanna
A que avondou do vinno aa dona de Bretanna...

Non poderia contada seer per ren nen escrita.
E por aquesto vos mando que vaades tod' a fita
logo catar os canales meus que son mia renda quita;
e se algo y achardes, nono paredes per manna,
A que avondou do vinno aa dona de Bretanna...

Mais aduzede-mio logo; ca eu ey grand' asperança
na Virgen Santa Maria, que ést[e] mia amparança,
que nos achariamos tanto nen en toda Alemanna.»
A que avondou do vinno aa dona de Bretanna...

Eles foron mantenente a un canal, e acharon
de pescado carregadas quatro barcas, e chegaron
con elas log' a Sevilla e a todos avondaron,
que sol non lles mi[n]g[u]ou dele que valves [s]' a castanna.
A que avondou do vinno aa dona de Bretanna...

E quand' el Rey viu aquesto, ouve mui grand' alegria
e chorando loou muyto a Virgen Santa Maria
que o assi de pescado avondara aquel dia;
ca o que a muy ben serve sempre con ela gaanna.
A que avondou do vinno aa dona de Bretanna...