Cantigas de Santa Maria/CCCVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCVIII

Como Santa Maria guariu ena çibdade de rara a moller ydropica.

De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar,
sol que am' a Deus, seu Fillo, que soub' ela muit' amar.

E-dest' un mui gran miragre vos quer' eu ora mostrar
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
que mostrou en ha vila que Rara soen chamar,
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
qu' é en terra de Sosonna, e per com' oý contar,
por ha moller a Virgen, que non ouve nen á par.
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar...

Aquesta moller punnava sempr' en servir e onrrar
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
a Virgen Santa Maria e ma[i]s d' al ren se guardar
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
de lle fazer nulla cousa que lle jouvess' en pesar,
e poren na ssa eigreja ya candeas queimar.
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar...

E ant' ha ssa omagen a prezes ss' ia deitar,
Ve todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
rogando-lle que do demo a guardass' e de pecar
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
e de caer en grand' erro e de mui mal enfermar.
mas Deus, que dá as doores a muitos polos provar,
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar...

Lle deu tal enfermidade que começou a ynchar
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
mui mais ca d' idropisia nen por razon d' e[n]prennar,
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
assi que todos cuidavan que quisesse rebentar;
e comer ja non podia nen sol a agua passar.
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar...

Estando en esta coita, esforçou-sse de falar,
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
e a quantos y estavan começou muit' a rogar
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
que por Deus aa eigreja punnassen de a levar,
que ant' o altar podesse o Corpo de Deus fillar.
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar...

E log' enton a fillaron e fórona y deitar,
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
e chorando seus peccados se fez logo comungar;
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
e des que foi comungada, mantente sen tardar
deitou tres pedras do corpo sen sse doer nen queixar.
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar...

A primeira foi tan grande, ca as foron mesurar,
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
como d' anssar un grand' ovo; a outra, por non chufar,
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
foi com' ovo de gala; a terceira, sen dultar,
era come de poomba, muito-las foron catar.
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar...

E log' a moller foi sãa, e fezo missa cantar
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
a onrra da Virgen santa, e as pedras fez furar
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
e ant' o altar da Virgen as fez logo pendurar.
E quantos aquesto viron fillaron muit' a loar
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar...

A Virgen Santa Maria, que sse sab' arnercar
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
dos coitados que a chaman, e sabe galardõar
De todo mal pod' a Virgen a quena ama sãar
ben serviç' a quen llo faze, e pois Parayso dar,
u é todo ben comprido, que nunca pode menguar.