Cantigas de Santa Maria/CCCVII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCVII


Como Santa Maria tolleu a gran tempestade de fogo en terra de Çeçilla.

Toller pod' a Madre de Nostro Sennor
toda tempestade, se ll' en prazer for.

E dest' en Cezilla mostrou ha vez
un mui gran miragre a Sennor de prez
que é madr' e filla daquel Deus que fez
a terra e pos os ceos en redor.
Toller pod' a Madre de Nostro Sennor...

Cezilla é ha inssoa de mar
rica e viçosa, com' oý contar,
de toda-las cousas que pod' om' achar
por aver avondo e vic' e sabor.
Toller pod' a Madre de Nostro Sennor...

En aquesta terra un mui gran mont' á
que veen de longe os que van alá,
que Mongibel chaman, e de fogos dá
chamas aas vezes, ond' an gran pavor
Toller pod' a Madre de Nostro Sennor...

Todo-los da terra. Onde conteceu
que en aquel monte fogo s' acendeu
mui grande, e toda a terra tremeu,
e choveu tan muito come no mayor
Toller pod' a Madre de Nostro Sennor...

Inverno do mundo chove, com' oý,
volta con gran pedra, e ar outrossy
cayan coriscos tantos ben aly
que cuidaron todos morrer a door.
Toller pod' a Madre de Nostro Sennor...

Quaraenta dias aquesto durou
e quarenta noites, que nunca quedou
ata que Santa Maria se mostrou
a u bon ome con gran resprandor.
Toller pod' a Madre de Nostro Sennor...

E disse-ll' a Reynna esperital:
«Se tu queres que sse tolla este mal,
un cantar me façan que seja [a] tal
qual a mi conven, ben feit' a mia loor.»
Toller pod' a Madre de Nostro Sennor...

O ome bõo, que aquesto veer
foi en vison, muit[o] ouve gran prazer;
des i começou seu cantar a fazer
rimado segund[o] el soube mellor.
Toller pod' a Madre de Nostro Sennor...

E segund' as paravias lle fez o son,
e depois cantóo con gran devoçon;
e a tempestade quedou log' enton,
e perdeu en logo a gente temor.
Toller pod' a Madre de Nostro Sennor...