Cantigas de Santa Maria/CCCVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCVI


Como Santa Maria fez converter un erege en Roma que dizia que Santa Maria non podia
seer virgen e aver fillo.

Por gran maravilla tenno de null' ome s' atrever
a dizer que Deus non pode quanto xe quiser fazer.

E com' é om' atrevudo en querer saber razon
por que fezo Deus as cousas que non eran ant' e son
ora, muit' é de mal siso; ca as obras de Deus non
son pera saber-sse todas, nen pode per ren seer.
Por gran maravilla tenno de null' ome s' atrever...

E daquest' un gran miragre avo, per com' oý,
a u herege en Roma, e contan que foi assi,
da omagen que era da Virgen, com' aprendi,
pintada ena eigreja, como vos quero dizer,
Por gran maravilla tenno de null' ome s' atrever...

Esta eigrej' é aquela que chaman de Leteran,
que do 'mperador foi casa que nom' ouv' Octavian;
mas depois ar foi eigreja do apostol San Johan,
mui nobre [e] mui ben feita e que costou grand' aver.
Por gran maravilla tenno de null' ome s' atrever...

Aly ést' ha omagen da Virgen que non á par
pintada ena parede, e como a saudar
vo o angeo do ceo, per que s' ouve d'e[n]prennar
ela de Spirito Santo logo sen neu lezer.
Por gran maravilla tenno de null' ome s' atrever...

E tan bon maestre era o pintor que a pintou,
que fezo que semellasse que quando a saudou
o angeo, como logo atan toste s' enprennou;
e poren lle fez o ventre mui creçudo parecer,
Por gran maravilla tenno de null' ome s' atrever...

E fez que tevesse cinta ven como prennada sol
cengir per cima do ventre quando ll' a prennece dol.
Esta omagen un dia viu-a un herege fol,
e disse aos crischãos: «Veede que ides creer:
Por gran maravilla tenno, de null' ome s' atrever...

Que Santa Maria virgen foi, sol non dizedes ren,
ca vedes que ten a cinta como moller prenne ten
suso per cima do ventre; muito sodes de mal sen
en creer ataes cousas nen sol y mentes meter.»
Por gran maravilla tenno de null' ome s' atrever...

Quando aquest' ouve dito aquel herege sandeu,
log' a aquela omagen a cinta lle decendeu
juso como a moller virgen, e logo lle descreceu
o ventr', assi come ante que foss' ela conceber.
Por gran maravilla tenno de null' ome s' atrever...

Pois esto viu o herege, repentiu-sse muit' enton
e aa Virgen beita pidiu chorando perdon.
Esto fez Deus por sa Madre, por mostrar que con razon
foi prenne, seendo virgen depois que el foi nacer.
Por gran maravilla tenno de null' ome s' atrever...

Esta omagen beita des enton assi está
con ssa cinta abaixada, e sempr' assi estará;
e Deus miragres por ela mostrou pois e mostrará,
por nos fazer de sa Madre a verdade connocer.
Por gran maravilla tenno de null' ome s' atrever...