Cantigas de Santa Maria/CCCXCI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXCI


Como Santa Maria do Porto corregeu ha moça contreyta dos nenbros que levaron alá en
romaria.

Como pod' a Groriosa os mortos fazer viver,
ben outrossi pod' os nembros dos contreytos correger.

Desto direy un miragre que eno gran Porto fez,
que é seu desta Reynna gloriosa de gran prez,
a a moça que vo y contreyta de Xerez,
que bes assi naçera, segun que oý dizer.
Como pod' a Groriosa os mortos fazer viver...

E esta en tal maneyra os pees tortos assi
avia: o qu' é adeante, atras, com' eu aprendi,
tragia. Poren seu padre en romaria ali
a troux' e teve noveas por daquel mal guareçer.
Como pod' a Groriosa os mortos fazer viver...

Ond' avo a noite que gran door a ffillou
aos pees en dormindo, e tan toste despertou;
e a door foi tan grande, e tan forte braadou,
come se ferida fosse ou que cuydass' a morrer.
Como pod' a Groriosa os mortos fazer viver...

E seu padre, que jazia cabo dela, preguntar
lle foi por que braadara; diss' ela: «Porque britar
me foi os pees a Virgen e tornou-ss' a sseu altar,
e ouve door tan grande qual nunca cuidei aver.»
Como pod' a Groriosa os mortos fazer viver...

Logo foron ajuntados quantos y eran enton,
e os pees lle cataron e vironos de ffeyçon
que os a ter devia, e tan ben sãos que non
podian mellor see-lo. E porende beyzer
Como pod' a Groriosa os mortos fazer viver...

Se fillaron a Reynna que taes miragres faz,
e cada u chorando poso en terra sa faz,
dizendo: «Beyta sejas, ca toda mesura jaz
en ti e toda merçee pora nos sempr' acorrer.
Como pod' a Groriosa os mortos fazer viver...

Onde te damos loores com' a tan bõa Sennor
que perdõas os peccados e sõas toda door;
o porende te rogamos que, sse ta merçee for,
que no santo parayso nos faças tigo caber.»
Como pod' a Groriosa os mortos fazer viver...