Cantigas de Santa Maria/CCCXCII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXCII


[C]omo Santa Maria Do Porto consentiu que enforcassen un ome que jurou mentira pelo
seu nome.

Macar é Santa Maria Sennor de muy gran mesura,
muyt' estranna quem por ela mente ou faz falsa jura.

Ca aquel ora que mente jurando pelo seu nome,
tal ora é juygando que o diabo o tome
e que dentro no inferno o tormente e o dome,
ca diabos son monteyros de Deus, segund' Escritura.
Macar é Santa Maria Sennor de muy gran mesura...

E dest' un muy gran miragre avo eno gran Porto,
dum ome que con dereyto foi enforcado e morto
porque jurou jura falsa na ygreja u conorto
acham todo-los coytados, aquest' é verdade pura.
Macar é Santa Maria Sennor de muy gran mesura...

Est' om' era pastorinno enton, e barvas pungentes,
quando pelos seus pecados en al non metia mentes
senon furtar quant' achava a vezinnos e parentes;
e macar o castigavan, sol non avia en cura.
Macar é Santa Maria Sennor de muy gran mesura...

Ond' avo que un dia furtou a ha mesquinna
un alfamar, e vende-lo foi a casa da Reynna,
Madre de Deus, do gran Porto; mais foi preso muit' aginna,
e ant' o alcayde vo por sa gran malaventura,
Macar é Santa Maria Sennor de muy gran mesura...

Que lle disse sse verdade era o que querelava
aquela moller mesquinna. E el todo-o negava,
e ela nono podia provar. E poren mandava
o alcayde que jurasse, ca for' é d'Estremadura
Macar é Santa Maria Sennor de muy gran mesura...

De jurar sobre tal feyto. E el a jura fazia,
e o alcayde meesmo del a jura reçebia.
E el meteu-lle na jura a Deus e Santa Maria,
e que ambos lo coffondessen se fezera tal loucura
Macar é Santa Maria Sennor de muy gran mesura...

E que ante terçer dia enas sas mãos tornasse
do alcayde, en tal guisa que logo o enforcasse.
Enton mandou a hun ome que da prijon o tirasse;
e el foy-sse e fez un furto, en que passou a postura.
Macar é Santa Maria Sennor de muy gran mesura...

E logo que fez o furto, tan toste foi recadado
dentro na vila do Port', e ant' o alcayde levado
foi con esso que furtara, que lle disse: «Malfadado,
ja outro furto ás feyto como maa criatura.»
Macar é Santa Maria Sennor de muy gran mesura...

E respos ao alcayde: «Por Deus e por caridade,
fazede de min justiça, ca jurey gran falsidade;
poren non vos deten[n]ades en destruyr gran maldade,
ca d'oy mais ena mia vida non é senon amargura.»
Macar é Santa Maria Sennor de muy gran mesura...

Quand' est' oyron as gentes, loaron os justiçeyros,
Jhesu-Cristo e sa Madre, Sennores dereytureyros;
e logo aquel astroso fillárono os monteyros
e posérono na forca suso na mayor altura.
Macar é Santa Maria Sennor de muy gran mesura...