Cantigas de Santa Maria/CCCXI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXI


Como Santa Maria de Monsarrat resusçitou un ome que ya alá en romaria e morreu na
carreira.

O que diz que servir ome aa Virgen ren non é,
aquest' é de mal recado e ome de maa fe.

Ca se en fazer serviço a un bon ome prol ten,
quanto mais na Virgen santa ond' avemos todo ben;
e quen aquesto non cree, sa creença non val ren,
ca descre' en Deus, seu Fillo, e en ela que Madr' é.
O que diz que servir ome aa Virgen ren non é

E de tal razon miragre vos quero ora mostrar,
que d' entender é mui bõo a quen y mentes parar,
que a Virgen groriosa de Monssarraz quis mostrar
por un ome que a senpre servia con mui gran fe.
O que diz que servir ome aa Virgen ren non é...

El ali en romaria ya dous vezes ou tres
no ano, e amizade avia con u borges;
e rogou-lli que na festa qu' é en meogo do mes
d'Agosto de ssu fossen, dizendo: «Logar sant' é.»
O que diz que servir ome aa Virgen ren non é...

Enton ambos s' acordaron por en romaria yr
a Monssarraz. Mas primeiro, per quant' end' eu puid' oyr,
passaron per Barçalona; e u quiseron sayr
da vila, começou logo mal tempo, per bõa fe.
O que diz que servir ome aa Virgen ren non é...

E fezo ventos mui grandes e começou de chover
e alampos con torvões des i coriscos caer,
assi que feriu u deles aquel ome, que morrer
o fez logo mantenente; ca do corisc' assi é
O que diz que servir ome aa Virgen ren non é...

Que en quen fer log' afoga ou talla ou queimar faz.
Mais aquel om' afogado foi, que pera Monssarraz
ya sempre, com' oistes; e seu compannon assaz
chorou por el e ar disse paravlas contra a ffe,
O que diz que servir ome aa Virgen ren non é...

Dizendo: «Par Deus, amigo, muito empregasti mal
quanto a Santa Maria servist', e pois te non val
nen [te] guardou desta morte, per que o dem' infernal
levou ja de ti a alma; e, mal peccad', assi é.»
O que diz que servir ome aa Virgen ren non é...

E outro dia por ele ha missa dizer fez,
des i que o soterrassen, ca tal era come pez
tornado daquel corisco; e ar disse dessa vez
paravras contra a Virgen onde naceu nossa fe,
O que diz que servir ome aa Virgen ren non é...

Indo con el aa cova chorand' e dizend' assi:
«Mal empregasti teu tenpo na Virgen, com' aprendi,
demais perdisti grand' algo que lle desti; mais a mi
nunca averrá aquesto, ca o meu na arca é.»
O que diz que servir ome aa Virgen ren non é...

El aquest' assi dizendo, resorgiu o mort' enton
e assentou-sse no leito e diss' aquesta razon:
«Mentes a guisa de mao, ca mia alm' a perdiçon
fora, se non foss' a Virgen, que chav' é de nossa fe,
O que diz que servir ome aa Virgen ren non é...

Que me livrou de sas mãos u era en poder seu;
e porend', ençuant' eu viva, sempre no coraçon meu
a terrei pera servi-la, e nunca me será greu
de ren que por ela faça, ca mui ben enpregad' é.»
O que diz que servir ome aa Virgen ren non é...

Quand' esto viron as gentes, deron todos gran loor
aa Virgen groriosa, Madre de Nostro Sennor,
que sempre seja loada ençuanto o mundo for,
ca é nossa avogada, des i padrõa da ffe.
O que diz que servir ome aa Virgen ren non é...