Cantigas de Santa Maria/CCCXII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXII


Como o cavaleiro non pude conprir ssa voontade con sa amiga na casa en oue lavraran a
omagen de Santa Maria.

Non conven que seja feita niha desapostura
eno logar en que seve da Virgen a ssa fegura.

Ca muit' é cousa sen guisa de fazeren avolezas
os que creen ena Virgen, que é Sennor de nobrezas,
que mais ama limpidõe que avarento requezas,
e piadad' e mercee ca judeu dar [a] usura.
Non conven que seja feita nia desapostura...

E daquest' un gran miragre fez apost[o] e ffremoso,
non á muit', en Catalonna a Madre do poderoso
Deus e Rei, que por tirar-nos do inferno tevroso
deceu dos ceos e carne fillou ena Virgen pura.
Non conven que seja feita nia desapostura...

Esto foi dun cavaleiro que apost' e fremos' era
e grand' e muit' arrizado, e a maravilla fera
amava Santa Maria, e por seu amor fezera
fazer ha ssa omagen de mui nobr' entalladura.
Non conven que seja feita nia desapostura...

E rogou a u maestre que mui ben a entallasse;
e poren dentr' en sa casa lle deu en que a lavrasse
ha camara fremosa e ort' en que s' apartasse,
por obrar mais a sa guisa e non ouvesse d'al cura.
Non conven que seja feita nia desapostura...

Aquel maestr' a omagen fezo mui ben entallada
en semellança da Virgen santa benaventurada,
ben feita d'entallamento e depois mui ben pintada;
e pois pagou o maestr' e diss': «Yd' a bõa ventura.»
Non conven que seja feita nia desapostura...

Des que tod' esto foi feito, o cavaleiro fillou-a
e a u bon mõesteiro que avia y levou-a,
a que a el prometera, e tan tost' apresentou-a,
porque aly escollera pera a sa sopoltura.
Non conven que seja feita nia desapostura...

Pois aly deu a omagen e a ssa casa tornado
foi, viu ha mui fremosa donzela, e namorado
ficou dela en tal guisa que sol comer nen bocado
non podia, e por ela foi coitad' a desmesura.
Non conven que seja feita nia desapostura...

E se a bever lle davan, el bever sol non podia,
e pero que sse deitava pera dormir, non dormia;
e cuidand' en sa amiga en como a averia,
o sen a perder ouvera e caer en gran loucura.
Non conven que seja feita nia desapostura...

Mais entrou-ll' en voontade que aquelo non fezesse,
mais que s' esforçasse muito, o mais que ele podesse,
e que buscasse carreira per que a mui ced' ouvesse,
e desta guisa seria quite de toda rancura.
Non conven que seja feita nia desapostura...

E enton ergeu-sse logo e buscou muitas carreiras
per que a ayer podesse, e ar catou mandadeiras
que ll' enviou, alcayotas vellas e mui sabedeiras
de fazer moller manceba sayr toste de cordura.
Non conven que seja feita nia desapostura...

Elas con ela falaron e tanto ben lle disseron
del, per que a poucos dias a venceron e veron
a el, e fezeron tanto que a sa casa ll'a trouxeron.
E el deitou-sse con ela en ha casa escura
Non conven que seja feita nia desapostura...

U fezeran a omagen da Sennor mui verdadeira,
e quis y jazer con ela; mas per neha maneira
aquesto fazer non pode, empero que prazenteira
era muit' ende a donzela e el muito sen mesura.
Non conven que seja feita nia desapostura...

Ambos log' en outra noite dessa casa se mudaron
e foron jazer a outra; e logo que sse deitaron,
compriron sas voontades e seu prazer acabaron.
Mais o logar foi pequeno e de mui grand' angostura.
Non conven que seja feita nia desapostura...

Onde con nojo da casa que ouve, o cavaleiro
tornou-sse log' aa outra u jouvera de primeiro;
mais pero seer non soube tan sabedor nen arteiro
que sol podesse con ela aver prazer nen folgura.
Non conven que seja feita nia desapostura...

Enton aquel cavaleiro entendeu que errara
en querer con sa amiga jazer u fazer mandara
omagen da Virgen santa, e que a ela pesara
daquel feito; e porende caeu en mui gran tristura.
Non conven que seja feita nia desapostura...

E contou aqueste feito aa dona, sen dultança;
e logo en outro dia, sen neha demorança,
fez con ela beições por emendar a errança
que aa Virgen fezera, que con Deus é na altura.
Non conven que seja feita nia desapostura...

Demais fezo fazer logo ha lampada de prata
que pose ant' a omagen da por que o mundo cata;
e foi pois de bõa vida e quitou-sse de barata
maa e de mao siso e de toda travessura.
Non conven que seja feita nia desapostura...