Cantigas de Santa Maria/CCCXIV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXIV


Como Santa Maria guareceu u cavaleiro de Segovia que avia perdudo o lume dos
ollos.

Quen souber Santa Maria loar, será de bon sen.

E desto vos dizer quero un miragre que eu sei
que fezo Santa Maria, segund' en verdad' achei;
e de como foi o feito todo vo-lo contarei,
pero prazer-m-ia muito se m' oyssedes mui ben.
Quen souber Santa Maria loar, será de bon sen.

En Segovia est' avo, e non á mui gran sazon,
que ha dona y era que muito de coraçon
amava Santa Maria mais que quantas cousas son;
e do que poren ll' avo non vos en negarei ren.
Quen souber Santa Maria loar, será de bon sen.

Ela seu marid' avia cavaleir' e caçador,
e de sse ter viçoso avia mui gran sabor;
poren foi veer sa fonte que era end' a mellor
de toda aquela terra, e diss' a sa moller: «Ven
Quen souber Santa Maria loar, será de bon sen.

Logo comig', ai, irmãa, e amostrar-ch-ei logar
u podemos quinze dias ou tres domaas estar
viçosos cab' ha fonte que eu ei; des i caçar
me veeredes andando, e prazer-vos-á muit' en.»
Quen souber Santa Maria loar, será de bon sen.

Pois est' acordad' ouveron, penssaron logo de ss' ir,
e o cavaleiro foi-sse deante e fez ferir
ssa tenda cabo da fonte, e des y mandou vir
sa moller que y folgasse; mais a que o mundo ten
Quen souber Santa Maria loar, será de bon sen.

En poder e que é Madre de Deus, fezo que decer
foss' a ha ssa eigreja e y oraçon fazer.
E ela orou tan muito, que fillou en desprazer
seu marido u estava e disso: «A i alguen
Quen souber Santa Maria loar, será de bon sen.

Que a mia moller dissesse que vesse pera mi?»
E un ome lle respose: «Sennor, per quant' aprendi,
oraçon faz na eigreja, e semella que á y
sabor.» E o cavaleiro disse come en desden:
Quen souber Santa Maria loar, será de bon sen.

«En fazer oraçon longa muito o tenno por mal,
e demais que foi faze-la en u avol muradal
u non á nulla vertude; e poren, logo sen al
dizede-lle que se venna, ou que sse vaa daquen
Quen souber Santa Maria loar, será de bon sen.

Ençuant' el foi pola dona, o cavaleiro perdeu
o lume d'ambo-los ollos, e en terra sse tendeu
volcando-ss' e braadando come se fosse sandeu,
dizendo: «Quen me posesse ora en Jerusalen!»
Quen souber Santa Maria loar, será de bon sen.

E logo chegou a dona aas vozes que oyu;
e pois deceu [e]na tenda e tal seu marido viu,
chorand' a[a] Groriosa por el mercee pedyu
que seu lume lle tornas[s]e, ca: «Muitas vezes aven
Quen souber Santa Maria loar, será de bon sen.

Que erran por seus pecados os omees muit' a Deus;
mais tu, Virgen, de Deus Madre, non cates os erros seus
e mostr' aqui ta vertude, ca el e eu somos teus,
e rogar polos coitados, est' a ti muito conven.»
Quen souber Santa Maria loar, será de bon sen.

Pois est' a don' ouve dito, o cavaleiro cobrou
logo o lume dos ollos e diss': «Este logar dou
todo a Santa Maria e outorgo-me por sou;
e beita seja ela porque nos assi manten.»
Quen souber Santa Maria loar, será de bon sen.

Quantos derredor estavan e viron como a luz
cobrou aquel cavaleiro pola Virgen que aduz
sempr' a nos ben e saude, que guaanna do que na cruz
viu estar, todos disseron: «Beita sejas, amen.»
Quen souber Santa Maria loar, será de bon sen.