Cantigas de Santa Maria/CCCXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXIX


Esta é como Santa Maria guariu en Terena ha manceba raviosa.

Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa
de door guarir, non será tan coitosa.

Ca tan muitas graças deu e piadades
a ela seu Fillo, que enfermidades
de muitas maneiras toll'; e ben creades
que a quena chama non é vagarosa.
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...

Poren quer' eu dela un miragr' onrrado
dizer, se m' oyrdes; e poi-lo contado
ouver, saberedes que faz mui guisado
o que faz serviço a esta piadosa.
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...

Riba d' Odian' á ha ssa eigreja
desta Virgen santa que beita seja,
que chaman Teren'; e quen quer que deseja
saud' en seu corpo de door dultosa
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...

Que aja de ravia ou d'outra doença,
logo daly são vai pela sabença
desta Virgen santa, que nos atrevença
dá que a sirvamos come graciosa.
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...

A alen Badallouz en Xerez morava
un ome que muito na Virgen fiava;
e ha ssa filla a que muit' amava
docceu de ravia, e foi tan raviosa
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...

Que a non podian ter en prijões,
nen valian ervas nen escantações,
nen aynda santos a que orações
fazian por ela, tant' era queixosa.
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...

Vivian en coita con ela mui fort' e
non avian dela ja neun conorte
nen sabian que lle valves[s]' ergo morte;
seu padr' era ' n coita, sa madre chorosa
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...

Por ela, ca outro fillo non avian.
Des i prometeron que a levarian
a Terena, ca ja per al non sabian
que saud' ouvesse. E poren trigosa
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...

Foi desto sa madr' e levou-a correndo
daly a Terena, gran doo fazendo
e pela carreira ynd' assi dizendo:
«Virgen de Deus Madre santa preciosa,
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...

Sobr' esta mia filla mostra ta vertude
que a ta mercee santa y ajude;
fonte de bondades, tu lle dá saude,
ca mui ben [a] podes dar, Virgen fremosa.»
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...

Foi a bõa dona tanto demandando
a Santa Maria mercee, chorando
muito dos seus ollos, que foron chegando
preto da eigreja da de Deus esposa.
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...

Tanto que a moça que era doente
viu a eigreja, logo mantente
foi mui ben guarida; e diss' aa gente
que a desliassen, ca a merceosa
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...

Madre de Deus, Virgen, saude lle dera
tal que se sentia que ben sãa era.
A companna toda gran lediça fera
ouve deste ffeito e foi mui goyosa.
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...

Ela diz: «Amigos, as sogas tallade,
ca ja saa soon pola piadade
de Santa Maria; ca da ssa bondade,
ao que a chama, é muit' avondosa.
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...

Seu padr' e sa madre gran prazer ouveron
quand' a filla viron sãa, e fezeron
aly ssa vegia e offertas deron
quanto ss' atreveron aa saborosa
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...

Que é de Deus Madr', e muito a loaron;
des i a ssa terra con ela tornaron
sãa e guarida, e da virgen contaron
que a ssa mercee non é dovidosa.
Quen quer mui ben pod' a Virgen groriosa...