Cantigas de Santa Maria/CCCXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXVIII


Como Santa Maria sse vingou do crerigo que furtou a prata da cruz.

Quen a Deus e a ssa Madre escarn[n]o fazer quiser,
muito será gran dereito se ll' ende pois mal ver.

E desto, se m' ascuitardes, vos direi, per com' oý,
un miragre mui fremoso, e creo que foi assi;
que fez a que do lin[n]age deceu do bon Rei Davi,
e tal miragre com' este de contar é u xe quer.
Quen a Deus e a sa Madre escarnno fazer quiser...

En Fita conteceu esto, en ha vila que jaz
eno reino de Toledo, e é logar fort' assaz,
ena eigreja da Madre de Deus, a que muito praz
con nosso ben e acorre nos cada u é mester.
Quen a Deus e a sa Madre escarnno fazer quiser...

Ali un crerig' avia de missa, que devoçon
inostrav' acá aa gente, mais non era assi, non;
e bõa paravl' avia, mas dentro no coraçon
en com' era de mal cho vos direi, se vos prouguer.
Quen a Deus e a sa Madre escarnno fazer quiser...

Este cada que podia mui de grad' ya furtar;
e furtou na sa eigreja, per com' eu oý contar,
ha cruz grande coberta de prata e esfolar
a foi toda, e a prata deu a ha sa moller.
Quen a Deus e a sa Madre escarnno fazer quiser...

Outro di' aa eigreja foi, como soya yr,
e mostrou a cruz a todos chorando, e enfengir
se foi que ren non sabia daquel feit' e a mentir
se fillou, dizendo muito: «Om' ou moller que souber
Quen a Deus e a sa Madre escarnno fazer quiser...

De como foi este feito e o non diz, dé-lle Deus
compridamente sa yra, e perça lume dos seus
ollos.» E diss': «Ai, beita Virgen, dos miragres teus
mostra sobre quen tal feito fez; e o que non disser
Quen a Deus e a sa Madre escarnno fazer quiser...

«Pater nostro» por aquesto, Deus lo cofonda poren.»
E poi-lo todos disseron, a que o mundo manten
o cegou d'ambo-los ollos que deles sol non viu ren,
nen ar valer non lle pode fisica de Monpisler.
Quen a Deus e a sa Madre escarnno fazer quiser...

E outra lijon mui forte sen esto lle conteceu:
que se lle fez atan grande o nariz, que lle deceu
sobre la boca, e d'ambas partes tanto s'estendeu
que chegou aas orellas. E quen verdade quiser
Quen a Deus e a sa Madre escarnno fazer quiser...

Dizer: per ren non podia pouco nen muito comer,
se ant' aquel nariz todo non ll' alçassen, nen bever;
e mil vezes eno dia desejava de morrer.
Poren tenno por mui louco quen desto graças non der
Quen a Deus e a sa Madre escarnno fazer quiser...

Aa Virgen grorosa, Reynna esperital,
que non quis matar aqueste, mas pose-lle tal sinal
por que quantos lo pois vissen leixassen de fazer mal;
e dereit' é que tal aja quena en pouco tever.
Quen a Deus e a sa Madre escarnno fazer quiser...