Cantigas de Santa Maria/CCCXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXVII


Como Santa Maria se vingou do escudeiro que deu couce na porta da ssa eigreja.

Mal ss' á end' achar
quen quiser desonrrar Santa Maria.

Como s' achou, non á y mui gran sazon,
en Galiza un escudeiraz peon
que quis mui felon
brita-la eigreja con felonia.
Mal ss' á end' achar...

Santa Maria a hermida nom' á
do Monte, porque en logar alt' está;
e foron alá
de gentes enton mui gran romaria
Mal ss' á end' achar...

[En ha festa, per com' eu aprendi,
de meant' Agosto. E pois chege,u y
gran gent', e des i
começaron a ter sa vigia.
Mal ss' á end' achar...

O escudeyro que vos dixe chegou
e viu ha moça, de que sse pagou,
que forçar cuidou;
mais ela per ren non llo consentia.
Mal ss' á end' achar...

E travando dela cuidou-a forçar;
mais proug' a Deus [e] nono pod' acabar,
ca foi-ll'escapar
e fogind' á eigreja sse collya.
Mal ss' á end' achar...

Aos braados a gente recodyu,
e a mina mercee lles pediu
que daquel que viu
a quisessen guardar de ssa perfia.
Mal ss' á end' achar...

As gentes, temendo de lles vir mal,
forons sarra-las portas logo sen al,
e chamando: «Val,
Madre de Deus, ca mester nos seria.»
Mal ss' á end' achar...

O escudeiro, tanto que viu fugir
a moça, leixou-sse depos ela ir
dizendo: «Guarir
non me podes, rapariga sandia.
Mal ss' á end' achar...

E quando as portas sarradas achou,
per poucas que de sanna sandeu tornou,
e logo jurou
que a couces toda-las britaria.
Mal ss' á end' achar...

E com' era atrevudo e sandeu,
quis acabar aquelo que prometeu,
e o pe ergeu
e ena porta gran couce dar ya.
Mal ss' á end' achar...

Mais avo-ll' en como vos eu direi:
britou-xe-ll' a perna, segund' apres' ey,
per prazer do Rey,
Fillo da Virgen, a que desprazya.
Mal ss' á end' achar...

E d' al ll'avo aynda muy peyor:
esmoreceu con coita e con door,
e Nostro Sennor
sen tod' aquest' a fala lle tollya
Mal ss' á end' achar...

En tal guisa, que pois nunca disse ren
ergo «ai, Santa Maria.» E des en
tolleit' e sen sen
viveu gran temp' e per portas pidia.
Mal ss' á end' achar...