Cantigas de Santa Maria/CCCXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXVI


Como Santa Maria fillou vingança do cerigo que mandou queimar a hermida, e fez-lla
fazer nova.

Par Deus, non é mui sen guisa de ss'ende mui mal achar
o que a Santa Maria s'atrev' a fazer pesar.

Desto direi un miragre que conteu en Portugal,
en Alanquer, un castelo, e quero-vos dizer qual;
e vos punnad' en oý-lo por aquel que pod' e val,
ca per ele saberedes Santa Maria guardar
Par Deus, non é mui sen guisa de ss'ende mui mal achar...

De fazer con que lle pese, nen vos atrever per ren
de provar neha cousa per u perçades seu ben,
nen que tennades en pouco seus feitos nen en desden,
mais que sempre a sabiades servir, temer e amar.
Par Deus, non é mui sen guisa de ss'ende mui mal achar...

En aquela vila ouve un crerigo trobador,
que sas cantigas fazia d'escarn [n] o mais ca d'amor,
e era daquela vila da eigreja prior,
e Martin Alvitez nome avia, se Deus m' anpar.
Par Deus, non é mui sen guisa de ss'ende mui mal achar...

E demais, sen tod' aquesto, mui privad' era del Rei
Don Sancho en aquel tenpo; e com' en verdad' achei,
alen do rio da vila, assi com' eu apres' ey,
vertudes sse descobriron, e fezeron y altar
Par Deus, non é mui sen guisa de ss'ende mui mal achar...

A onrra da Groriosa, a Virgen Madre de Deus,
assi que de muitas partes vian aly romeus;
ca ali mostrava ela muitos dos miragres seus
en guarir çopos e mancos e cegos alumar.
Par Deus, non é mui sen guisa de ss'ende mui mal achar...

Quand' esto viu Don Marto, pesou-lle de coraçon,
porque da sua eigreja perdia a oblaçon
por est' outra que vos digo; e mandou log' un tiçon
fillar e põer-lle fogo, assi que a fez queimar.
Par Deus, non é mui sen guisa de ss'ende mui mal achar...

Deste feito que fez ele muit' aa Virgen pesou,
e Jhesu-Cristo, seu Fillo, logo ssa Madre vingou,
assi que d'ambo-los ollos Martin Alvitez cegou,
estand' assi ante todos; e fillou-s' a braadar
Par Deus, non é mui sen guisa de ss'ende mui mal achar...

Dizend': «Ai, Santa Maria, est' eu mio fui merecer,
por quanto na ta hermida mandei o fogo põer;
mais por emenda daquesto farey-a nova fazer,
toda de cal e de pedra.» E logo a fez lavrar.
Par Deus, non é mui sen guisa de ss'ende mui mal achar...

E des que foi toda feita, fez missa dizer aly
da Virgen, mui ben cantada, e mandou-sse levar y;
e tan toste que foi dita, per quant' end' eu aprendi,
viu logu' e foi ben são, e começou de chorar
Par Deus, non é mui sen guisa de ss'ende mui mal achar...

De gran prazer que avia, ca aquest' avir sol
que ome con prazer chora, e diss' el: «Sennor, eu fol
fui de que trobei por outra dona, ca niha prol
non ouv' y aa mia coita. Poren te venno jurar
Par Deus, non é mui sen guisa de ss'ende mui mal achar...

Que ençuant' eu vivo seja, nunca por outra moller
trobe nen cantares faça oy mais, ca non mi á mester;
mais por ti direi de grado quanto ben dizer poder,
e des aqui adeante quero ja por ti trobar.»
Par Deus, non é mui sen guisa de ss'ende mui mal achar...