Cantigas de Santa Maria/CCCXLI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXLI


Como Santa Maria do Poy salvou ha dona d'erro que ll' apóya seu marido.

Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen,
outrossi en salvar punna os que en torto non jazen.

Desto direi un miragre que en terra de Gasconna
fez a Virgen groriosa, que sobre nos mão ponna
por que ao gran joizo non vaamos con vergonna
ant' aquel que as maldades e os erros se desfazen.
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen...

Aly foi un cavaleiro grand' e apost' e fremoso
e enparentado muito e rico e poderoso;
mais casciu con ha dona, e foi dela tan ceoso
como sse fezesse torto, en que outras muitas jazen.
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen...

En coidando que ll'errara, dava-lle mui maa vida,
e muitas vezes maltreita era del e mal ferida;
e de comer pouc' avia, ar andava mal vestida,
ca molleres con maridos ceosos tal vida fazen.
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen...

A dona maravillada foi desto que lle fazia,
e mui coitada chorando con ele falou u dia
e dis e-ll' assi: «Marido, de grado saber querria
de vos se an d'aver pa os que en torto non jazen.»
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen...

Diz el: « Porqué mio dizedes?» Diss' ela: Porque vos vejo
andar contra mi sannudo, de que ei medo sobejo;
e de saber por que éste, ren tan muito non desejo,
e os que me mezcran vosco, par Deus, mui gran torto fazen.»
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen...

Disse-ll' el: «A min disseron que me fazedes [gran] torto,
e tan gran pesar ei ende que querria seer morto;
ca de tal cousa com' esta non poss' eu aver conorto,
e maa ventura venna a quantos en esto jazen.»
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen..

Diss' ela: «Ja Deus non queira que [eu] en tal torto jaça,
e non á no mundo salva que eu sobr' esto non faça;
e sequer en un gran fogo en meo daquela praça
me meterei, ca non sõo daquelas que esto fazen.»
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen...

Diss: ele: «Par Deus, no fogo non quero que vos que[i]medes,
mais en aquel altar santo do Poi quero que juredes
que torto non me fezestes, e ar quero que saltedes
de cima daquela pena con esses que juso jazen.»
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen...

Diss' ela: «De mui bon grado farei o que me mandades,
en tal que maa sospeita per ren de mi non ajades.»
E pera o Poy se foron, e de certo ben sabiades
que foron y grandes gentes come enas festas fazen.
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen...

E pois disseron a missa, sobr' o altar pos as mãos,
jurando que non ll'errara pela lee dos crischãos
[. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .]
[. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .]
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen...

Des que aquest' ouve dito, log' ante toda a gente
sobiu encima da pena, correndo esforçadamente,
e diss' a mui grandes vozes: «Madre daquel que non mente,
val-me, ca tu senpre vales aos que torto non fazen.»
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen...

Pois sa razon acabada ouv', en u brial ben feito
ficou, sen null' outro pano, e catou e viu o geito
muit' alt' e muit' espantoso; mais pavor per niun preito
non ouve, com' an aquelas que en culpa mortal jazen.
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen...

E leixou-sse caer logo sen niha deteença,
avendo en Santa Maria, que é verdade, creença,
que quis que as cousas duras lle fezessen reverença
en lle seer saborosas ben come as moles fazen.
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen...

Assi que non foi ferida nen en pee nen en mão
nen en niu outro nembro, ant' ouv' o corpo ben são;
e o logar que esquivo era, tornou-sse-lle chão,
pero o logar é duro e muitas pedras y jazen.
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen...

O marido, pois viu esto, perdeu todos seus antollos
e foi mui corrend' ant' ela logo ficar os gollos
e disse-ll': «Ai, santa dona,» muito chorando dos ollos,
«perdõa-me, ca perdõa Deus aos que erro fazen.»
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen...

Ela perdõou-lle logo, e deron todos loores
aa Virgen groriosa, que é Sennor das sennores;
e tan toste o miragre meteron ontr' os mayores
miragres eno gran livro, en que outros muitos jazen.
Com' á gran pesar a Virgen dos que gran pecado fazen...