Cantigas de Santa Maria/CCCXLII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXLII


Como Santa Maria fez parecer a sa omage d'ontre has pedras marmores que asserravan en
Costantinopla.

Con razon nas creaturas figura pode mostrar
[Deus] de si ou de sa Madre, pois elas quis fegurar.

Ca en fegurar as cousas da fegura que og' an
nen d'outras naturas muitas, non prendeu nen prend' affan
Deus, nen sol filla cuidado de as fegurar, ca tan
gran poder á no começo ben come no acabar.
Con razon nas creaturas figura pode mostrar...

E porende, se nas pedras faz feguras parecer,
non deve aquesto null' ome por maravilla ter,
nen outrossi enas ervas, ca el x[e ] as faz nacer
e dá-lles muitas coores por a nos ben semellar.
Con razon nas creaturas figura pode mostrar...

Porend' en Costantinopla avo, com' aprendi,
que Don Manuhel, o bõo Emperador, mandou y
fazer eigreja rnui nobre; e mannores, com' oý,
niandou trager de mui longe e per meo asserrar
Con razon nas creaturas figura pode mostrar...

Por fazer tavoas grandes pora paer en redor
do altar da Virgen santa, Madre de Nostro Sennor.
E u serravan u deles, viron dentro de coor
a ssa omagen pintada, ben qual xa quis Deus pintar,
Con razon nas creaturas figura pode mostrar...

[. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .]

Tendo seu Fill' en braço, que dela carne fillou.
Poi-lo Emperador esto soube, logo cavalgou,
e pois que viu a omagen, tan toste a aorou
e fez-la põer na porta per u avian d'entrar,
Con razon nas creaturas figura pode mostrar...

E aly ssé oge dia, en que an gran devoçon
todos. E a Santa Virgen fez esto por tal razon,
porque pode do culpado omãyar-ll' o coraçon
da sa graça, pois la pedra mui dura foi omãyar.
Con razon nas creaturas figura pode mostrar...