Cantigas de Santa Maria/CCCXLIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXLIII


Como Santa Maria de Rocamador guariu ha manceba demoniada de demonio mudo e fez que
falasse.

A Madre do que o demo fez no mudo que falasse,
fezo a outro diabo fazer como se calasse.

Ca diz eno Evangeo dun ome que non falava,
en que jazia o demo; mais aquel Deus que sãava
toda-las enfermidades e mortos ressucitava,
[a] tanto que o viu, logo mandou-lle que non leixasse
A Madre do que o demo fez no mudo que falasse...

De falar e que dissesse todo quanto que sabia.
E del aquesta vertude ouve pois Santa Maria,
que fezo un gran miragre de que vos dizer querria
en tal que gente m'oysse que me mui ben ascuitasse.
A Madre do que o demo fez no mudo que falasse...

Ond' avo en Caorce da moller que ssa filla
ouve mui grande frernosa; mais o diabo, que trilla
aos seus, fillou-a forte mente a gran maravilla,
e dizia toda cousa a quen lla enpreguntasse.
A Madre do que o demo fez no mudo que falasse...

A madre con coita dela foi corrend' aa eigreja
e ao capelan disse: «Por Deus mercee vos seja
que acorrades mia filla que con o demo peleja,»
dizendo ca med' avia que no fogo a deitasse.
A Madre do que o demo fez no mudo que falasse...

El fillou agua beita e foi alá mui de grado;
e log' o demo lle disse: «Ai, crerigo escomu[n]gado,
e como sol falar ousas? Ca agora tal peccado
feziste, que gran dereito faria quen te matasse.
A Madre do que o demo fez no mudo que falasse...

E demais que trages agua beita e es maldito,
a per poucas non m' é ora que os ollos non te brito.»
Quando o crerigo oyu esto, punnou de seer del quito,
ca mui gran pavor avia que o chus non deostasse.
A Madre do que o demo fez no mudo que falasse...

Poi-lo capelan foi ido, a todos quantos entravan
por vee-la lles dizia aquelo en que pecavan;
ond' avian gran vergonna e poren se receavan
tanto dela, que apas achavan quen y entrasse.
A Madre do que o demo fez no mudo que falasse...

A madre, pois viu aquesto, con pesar e con vergonna
a Rocarnador levou-a, que é preto de Gasconna,
e diss': «Ai, Santa Maria, roga teu Fillo que ponna
consell' en esta mia filla com' o demo a leixasse.
A Madre do que o demo fez no mudo que falasse...

Ca, sen que a ten coitada, faz-lle que diga nemiga
a todos, ond' ei vergonna tal que sol non sei que diga;
mas tu que es verdadeira Madre de Deus e amiga,
mandasses-lle que se fosse dela e se desterrasse.»
A Madre do que o demo fez no mudo que falasse...

A oraçon desta dona log' a Virgen ouv' oydaso
e fezo calar o demo, e foi a moça guarida;
e deron poren loores aa Sennor mui conprida,
a que quen quer as daria que sse migo co[n]ssellas[s]e.
A Madre do que o demo fez no mudo que falasse...