Cantigas de Santa Maria/CCCXLV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXLV


Como Santa Maria mostrou en vison a u Rei e a ha Rea como avia gran pesar porque
entraron mouros a sa capela de Xerez.

Sempr' a Virgen groriosa faz aos seus entender
quando en alga cousa filla pesar ou prazer.

E desta gran maravilla u chanto mui doorido
vos direi que end' avo, sol que me seja oydo,
que conteceu en Sevilla quando foi o apelido
dos mouros como gãaron Xerez con seu gran poder.
Sempr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

Enton el Rei Don Affonso, fillo del Rei Don Fernando,
reinava, que da Reynna dos ceos tia bando
contra mouros e crischãos maos, e demais trobando
andava dos seus miragres grandes que sabe fazer.
Sempr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

Este dous anos avia, ou ben tres, que gaannara
Xerez e que o castelo de crischãos ben pobrara;
pero a vila dos mouros como y estava leixara,
e avo que por esto a ouvera pois a perder.
Sempr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

Ca os mouros espreitaron quando el Rei ben seguro
estava deles, e toste foron fazer outro muro
ontr' o castel' e a vila, muit' ancho e fort' e duro;
e daly os do castelo fillaron-s' a conbater
Sempr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

Tan feramente, en guisa que u ric-ome onrrado
muito, que dentro jazia, e Don Nun' era chamado,
con peça de cavaleiros, foi de tal guisa coitado,
que al Rey enviou logo que o mandass' acorrer.
Sempr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

El Rey quand' oyu aquesto, fez logo toda sa oste
mover, e ar mandou logo sacar seu pendon mui toste
de Sevilla, e ssa tenda e cozynna e reposte,
querendo yr aquela noite a Guadeyra mãer.
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

E el estand' en aquesto, ar vo-ll' outro mandado
de Don Nuno, que lle disse de com' estava cercado
e que per seu corpo fosse ll'acorrer; se non, pagado
per outr' ome non seria. E el Rei foi aprender
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

Que esto que ll' enviava dizer que o ajudasse,
que por al nono fazia senon que, quando chegasse
el Rei a Xerez, que logo o castelo ll'entregasse,
que per dereit' e per foro non devia a seer.
Sempr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

Quand' el Rey oyu aquesto, connoceu as maestrias
con que ll'andava, e logo fillou sas cavalerias
que ll'enviou en acorro, e foron y en dous dias;
e tan toste que chegaron, foy-os logo a veer.
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

E el disse-lles que grande prazer con eles avia,
mais que aquele castelo per ren ter non podia
que per nulla maneira en el morrer non queria,
e a eles rogou muito que o fossen receber.
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

Eles, quand'oyron esto, atal acordo tomaron
que leixassen no castelo poucos omes; e leixaron
maos e tan mal guisados, e assi o aguisaron
que ante de meyo dia s' ouv' o castel' a perder.
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

E prenderon quantos eran en ele sen demorança,
e britaron a capela da que é noss' anparança,
e fillaron a omagen feita a ssa semellança
e foron pola queimaren, mais sol nunca pod' arder.
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

Aa ora que aquesto fazian, ben en Sevilla
jazia el Rey dormindo na sesta; e maravilla
viu en sonnos, com' aquela que é de Deus Madr' e Filla
oya ena capela de Xerez vozes meter.
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

E tragia en seus braços u tan fremoso mino
que mais seer non podia, pero era pequenyn[n]o;
e correndo aa porta da capela mui festo
via con el fugindo, ca viia fog' acender
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

Dentro e de grandes chamas arder toda a capela.
E porend' ela changendo se chamava: «Ai, mesela,
se perez' este mino, que é cousa atan bela,
querria eu mil vegadas ante ca ele morrer.»
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

E a el Rey semellava que lle dizia: «Uviade
e, por Deus, este mino que trag' en braços fillade
que o non queim' este fogo, e sequer a mi leixade;
ca se ele ficar vivo, eu mal non posso aver.»
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

El Rei, quand' aquest' oya, foi logo fillar correndo
ao men e à Madre do fogo que muit' ardendo
estava a grandes chamas. E el chorand' e gemendo
despertou daqueste sonno e fillou-o a dizer
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

A sa moller a Reynna, que jazia eno leito
cabo del, e este sonno lle contava tod' a eito.
E ela lle respondia ben de dereit' en dereito:
«Outro tal ei eu sonnado, que vos quero retraer
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

[E] enton lle contou todo aquel sonno que sonnara,
e como a Santa Virgen ben do fogo a chamara
que lle tiras[s]' o mino, e que ela os tirara
ambos do fogo e 'n salvo os fora enton põer.
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

Logo el Rey e a Rea por aquesto entendudo
ouveron que o alcaçar de Xerez era perdudo
e a omagen da Virgen avia mal recebudo,
e porende se fillaron daquesto muit' a doer.
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

Mas depois a poucos dias quiso Deus que gaannada
Xerez este Rei ouvesse e de crischãos pobrada,
e a omagen da Virgen ena capela tornada
con mui gran precisson fosse, segun devia seer.
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...

E el Rey e a Reynna e seus fillos, que veron
y con eles, a Deus graças porende mui grandes deron.
E quantos aqueste feito oyron pois e souberon,
o nome da Santa Virgen fillaron a beizer.
Senpr' a Virgen groriosa faz aos seus entender...