Cantigas de Santa Maria/CCCXLVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXLVI


Como Santa Maria guariu ha moller d'Estremoz do braço e da garganta que ll'
ynchara.

Com' a grand' enfermidade en sãar muito demora,
assi quen guareç a Virgen é guarid' en pouca d'ora.

Onde desta razon grande miragre contar vos quero
que fezo Santa Maria, a Madre do gran Deus vero
que no dia do joizo verrá mui brav' e mui fero
e juygará o mundo tod' en mui pequena ora.
Com' a grand' enfermidade en sãar muito demora...

En Estremoz, ha vila de Portugal, foi aquisto
que guariu ha enferma a Madr' onde Jhesu-Cristo
naceu por salvar o mundo, que foi connosçud' e visto,
ond' o sol, quand' el pres morte, tornou mais negro ca mora.
Com' a grand' enfermidade en sãar muito demora...

Aquesta moller manceba era e grand' e fremosa,
mais ha enfermidade ouve mui perigoosa;
ca o braço ll'inchou tanto, de que foi [mui] temerosa
de o perder e o corpo. Mais a inchaçon foi fora,
Com' a grand' enfermidade en sãar muito demora...

E en mui pequeno tenpo foi o braço tan inchado
que mais seer non podia, e vermell' e ampolado
muit' e de maa maneira; e sol carne nen pescado
non comia, nen al nada. Mais aquela que senpr' ora
Com' a grand' enfermidade en sãar muito demora...

A Deus, s' amercou dela; ca, pois foi ena eigreja
sua, a que a levaron, log' a que beita seja
a guariu ben daquela enfermidade sobeja
por mostrar a sa vertude que mui toste lavora.
Com' a grand' enfermidade en sãar muito demora...

Quand' esto viron as gentes, deron loores grãadas
aa Virgen groriosa, a que sempre sejan dadas,
que as portas do inferno ten por noss' amor sarradas
e o dem' avezimao eno avisso ancora.
Com' a grand' enfermidade en sãar muito demora...