Cantigas de Santa Maria/CCCXLVII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXLVII


Esta é como Santa Maria de Tudia resorgiu u menynno que era morto de quatro dias.

A Madre de Jhesu-Cristo, o verdadeiro Messias,
pode resorgir o morto de mui mais ca quatro dias.

Desto direi u miragre que en Tudia avo,
e porrey-o con os outros, ond' un gran livro é cho,
de que fiz cantiga nova con son meu, ca non allo,
que fez a que nos [a]mostra por yr a Deus muitas vias.
A Madre de Jhesu-Cristo, o verdadeiro Messias...

Eno reino de Sevilla ha moller bõa era,
en riba d'Aguadiana morava; mais pois ouvera
marido, del neun fillo aver per ren non podera,
per fisica que provasse nen per outras maestrias.
A Madre de Jesu-Cristo, o verdadeiro Messias...

E con gran coita d'ave-lo, foi fazer sa romaria
aa eigreja da Virgen santa que é en Tudia;
e des que foi y chegada, teve mui ben sa vigia
y con mui grand' omildade e non mostrand' hufanias.
A Madre de Jesu-Cristo, o verdadeiro Messias...

E os gollos ficados ant' o altar e chorando
estev' ant' a Virgen santa e muito lle demandando
que fill' ou filla lle désse, e prometeu-lle que quando
o ouvesse, llo levasse e tevess' y sas vegias.
A Madre de Jesu-Cristo, o verdadeiro Messias...

Santa Maria seu rogo oyu daquela coitada.
E logo con seu marido albergou, e foi prennada
e ouve del u fillo, con que foi mui conortada;
pero non quis a Tudia con el fazer romarias.
A Madre de Jesu-Cristo, o verdadeiro Messias...

Assi a Santa Maria fez aquela moller torto
que pesou a Jesu-Christo; porend' o mino morto
foi depois ben a tres anos. Mais tal foi o desconorto,
que sandia foi sa madre por el com' outras sandias.
A Madre de Jesu-Cristo, o verdadeiro Messias...

Pois que viu seu fillo morto, log' entonce na carreira
se meteu pera Tudia, dizend': «Eu fui mentireira
contra ti, Madre de Christo; mas tu que es verdadeira,
se tu queres, dá-mio vivo, ca fazer-o poderias.»
A Madre de Jesu-Cristo, o verdadeiro Messias...

Quando chegou a Tudia e o menyrmo poseron
ant' o altar, log' a madre e seus parentes fezeron
gran doo por el sobejo; e pois a missa disseron,
rezaron sobr' ele salmos muitos e pois ledãyas.
A Madre de Jesu-Cristo, o verdadeiro Messias...

Eles aquesto fazendo, tan toste, se Deus m'ajude,
ouve piadade deles a Reynna de vertude
e fez viver o meno e chorar do ataude,
assi que os que choravan fezeron pois alegrias.
A Madre de Jesu-Cristo, o verdadeiro Messias...

E o ataud' abriron e sacaron o mino,
de quatro dias ja morto, são e tan fremosynno;
e pediu-lles que comesse, e deron-lle pan e vo;
ca os seus miragres dela non son feitos d'arlotias.
A Madre de Jesu-Cristo, o verdadeiro Messias...