Cantigas de Santa Maria/CCCXLVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXLVIII


Como Santa Maria demostrou a u rey que trobava por ela gran tesouro d'ouro e de
prata.

Ben parte Santa Maria sas graças e seus tesouros
aos que serven seu Fillo ben e ela contra mouros.

Desto direi un miragre que avo en Espanna,
que mostrou Santa Maria, a piadosa sen sanna,
contra un rei que de gente levava mui gran companna
por onrrar a fe de Cristo e destroyr a dos mouros.
Ben parte Santa Maria sas graças e seus tesouros...

Aquel rei tesouros grandes despendera que avia
pera conquerer a terra que chaman Andaluzia;
mais atan muito fiava na Virgen Santa Maria,
que nunca jamais cuidava aver mingua de tesouros.
Ben parte Santa Maria sas graças e seus tesouros...

Onde foi ha vegada que sacara mui grand' oste,
e os que o seu guardavan non ll'acorreron tan toste,
nen er achava deiros muitos ena sa reposte
per que manter podesse muito a guerra dos mouros.
Ben parte Santa Maria sas graças e seus tesouros...

El en aquesto cuidando, ha noite en dormindo
viu a Virgen groriosa e foi contra ela yndo,
chorando muito dos ollos e mercee lle pedindo
que sse del amercasse per que ouvesse tesouros.
Ben parte Santa Maria sas graças e seus tesouros...

Ela lle disse: «Teu rogo de meu Fill' é ja cabudo;
onde por mingua que ajas non dés ren, mais atrevudo
sei ben, ca mui gran tesouro te darei que ascondudo
jaz sso terra, que meteron y mui peyores ca mouros.»
Ben parte Santa Maria sas graças e seus tesouros...

Quando ll' aquest' ouve dito, foi-sse. E el rey pagado
ficou muito daquel sonno, e chamou u seu privado
e disse-ll' o que sonnara; e pois llo ouve contado
foi aly u el cuydava achar aqueles tesouros.
Ben parte Santa Maria sas graças e seus tesouros...

E ja ant[e] lle disseron que aquel aver sen falla
jazia omees certos, non achou y nemigalla
e disso con mui gran coita: «Santa Maria me valla,
porque a minguar non aja de fazer gran mal a mouros.»
Ben parte Santa Maria sas graças e seus tesouros...

Assi quis Deus que daquela vez non achass' el rey nada.
Mais depois ben a u ano fez oste sobre Grãada,
e yndo pera a oste fez per aly ssa passada;
e mostrou-lle d'outra parte a Virgen grandes tesouros
Ben parte Santa Maria sas graças e seus tesouros...

De prata, d'our' e de pedras mui ricas e mui preçadas,
e panos muitos de seda e çitaras ben lavradas
e outras dõas mui nobres de prata, todas douradas,
dos judeos, seus emigos, a que quer peor ca mouros.
Ben parte Santa Maria sas graças e seus tesouros...

Quand' el rey achou tod' esto, foi mui led' a maravilla
e bezeu muit' a Virgen, que é de Deus Madr' e Filla;
e tan tost' est' aver dado enviou pera Sevilla
pera servir Deus e ela dest' e dos outros tesouros.
Ben parte Santa Maria sas graças e seus tesouros...