Cantigas de Santa Maria/CCCXXII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXXII


Como Santa Maria guariu u ome en Evora que ouvera de morrer dun osso que se ll'
atravessara na garganta.

A Virgen, que de Deus Madre éste, Filla e criada,
d'acorrer os pecadores sempr' está apparellada.

Ca nos non acorr' en dia sinaado nen en ora,
mais sempre en todo tempo d'acorrer no-nos demora
e punna en todas guisas como non fiquemos fora
do reino de Deus, seu Fillo, ond' é Rea algada;
A Virgen, que de Deus Madre éste, Filla e criada...

Demais sinaadamente nas grandes enfermidades
de doores e de cuitas acorre con piadades.
E de tal razon com' esta vos direi, se m' ascuitades,
un gran miragre que fezo esta Sennor muit' onrrada.
A Virgen, que de Deus Madre éste, Filla e criada...

En Evora foi un ome que ena Virgen fiava
muyto e que cada dia a ela s' acomendava;
e avo-ll' ha noite en sa casa, u cava,
que ouver' a seer morto a desora, sen tardada.
A Virgen, que de Deus Madre éste, Filla e criada...

Ca el gran comedor era e metia os bocados
muit' ameude na boca, grandes e desmesurados;
e aa noite cava dus cõellos assados,
atravessou-xe-ll' un osso na garganta, e sarrada
A Virgen, que de Deus Madre éste, Filla e criada...

A ouve de tal maneira que cuidou ser afogado;
ca aquel osso ll' avia o gorgomel' atapado
assi que en pouca d'ora o ouve tan fort' inchado,
que folego non podia coller nen ar falar nada.
A Virgen, que de Deus Madre éste, Filla e criada...

Assi esteve gran tempo que sol comer non podia
nen bever nenga cousa senon cald' ou agua fria,
ata que chegou a festa da Virgen Santa Maria,
que cae no mes d'agosto, quand' ela foi corõada.
A Virgen, que de Deus Madre éste, Filla e criada...

Enton todos seus parentes e amigos o fillaron
e aa egreja desta nobre Sennor o levaron,
e tendo-o por morto ant' o altar o deitaron.
E tev' y aquela noite; e contra a madurgada,
A Virgen, que de Deus Madre éste, Filla e criada...

Quand' a missa ja dizian, filló-o tosse tan forte,
que todos cuidaron logo que era chegard' a morte.
Mas a Virgen groriosa, que dos cuitados cõorte
éste, non quis que morresse ali daquela vegada,
A Virgen, que de Deus Madre éste, Filla e criada...

Mas guisou que en tos[s]indo lle fez deitar mantente
aquel osso pela boca, ante toda quanta gente
y estava; e tan toste loores de bõa mente
deron a Santa Maria, a Madre de Deus amada.
A Virgen, que de Deus Madre éste, Filla e criada...