Cantigas de Santa Maria/CCCXXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXXIII


Como Santa Maria ressucitou u menynno en Coira, ha aldea que é preto de Sevilla.

Ontre toda-las vertudes que aa Virgen son dadas,
é de guardar ben as cousas que lle son acomendadas.

Ca ela, que é guardada, pode guardar sen contenda
ben o que ll' a guardar deren e ter en sa comenda.
E porend' un gran miragre direi, se Deus me defenda,
que fez esta que ja outros á feitos muitas vegadas.
Ontre toda-las vertudes que aa Virgen son dadas...

En Coira, cabo Sevilla, foi este miragre feyto
no tempo que Aboyuçef passou ben pelo estreito
d'Algizira e a terra de Sevilla tod' a eito
correu, e muitas aldeas foron dos mouros queimadas.
Ontre toda-las vertudes que aa Virgen son dadas...

Ali era un bon ome que un filynno avia
pequeno, que tant' amava com' a vida que vivia;
a este deu ha fever e foi mort' a terçer dia.
O padre, con coita dele, en sas faces deu palmadas
Ontre toda-las vertudes que aa Virgen son dadas...

E depenou seus cabelos e fez por ele gran doo
dizendo: «Ai eu, meu fillo, como fico de ti soo;
quisera eu que tu visses min com' eu vi teu avoo,
meu padre, que me fazia muitas mercees grãadas.»
Ontre toda-las vertudes que aa Virgen son dadas...

E el aquesto dizendo, os mouros logo deitaron
sas algaras e correron e roubaron quant' acharon;
e os de Coira correndo todo o logar leixaron
e fugircin, e ficaron as casas desamparadas.
Ontre toda-las vertudes que aa Virgen son dadas...

Aquel ome que seu fillo pera soterrar estava,
quando viu correr a vila, o fillo desamparava
e aa Virgen beita logo o acomendava
e todo quant' el avia, chorando a salujadas.
Ontre toda-las vertudes que aa Virgen son dadas...

Fois-ss' o ome; e os mouros tod' aquel logar correron,
mais na casa daquest' ome non entraron nen tangeron;
e pero todo-los outros quant' avian y perderon,
non perdeu o ome bõo valor de tres deiradas.
Ontre toda-las vertudes que aa Virgen son dadas...

Ca log' en aquela casa entrou a Sennor conprida
de todo ben, e tan toste deu ao minynno vida
e guardou as outras cousas, que non achou pois falida
ome de ren en sa casa, nen sol as portas britadas.
Ontre toda-las vertudes que aa Virgen son dadas...

E achou seu fillo vivo e preguntou-lle que era,
ond' e como resorgira, ca por morto o tevera;
e el lle disse que ha dona con el estedera
que o guardara dos mouros; e sas cousas ben guardadas...
Ontre toda-las vertudes que aa Virgen son dadas...

Foran, que sol non tangeran en elas, nen niun dano
fezeran nen eno leito nen na mesa nen no 'scano.
Quand' est' oyu o bon ome, com' era mui sen engano,
foi chamar a seus vezos; e pois lles ouve mostradas
Ontre toda-las vertudes que aa Virgen son dadas...

Todas estas maravillas, loores porende deron
aa Virgen groriosa; e a quantos ilo disseron
beizeron o seu nome e gran festa lle fezeron,
e ouv' y con alegria muitas lagrimas choradas.
Ontre toda-las vertudes que aa Virgen son dadas...