Cantigas de Santa Maria/CCCXXIV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXXIV


Como Santa Maria guareceu en Sevilla u mudo que avia dous anos que non falara.

A Sennor que mui ben soube pe[r] sa lingua responder
a Gabriel, mui ben pode lingua muda correger.

Daquest' un mui gran miragre vos direi, sen ren mentir,
mui fremos' e muit' aposto, e saboroso d'oyr,
que mostrou Santa Maria, aquela que foi parir
Deus e ome Jhesu-Cristo, que por nos quis pois morrer.
A Sennor que mui ben soube per sa lingua responder...

Aquesto foi en Sevilla, per quant' end' eu aprendi,
da omagen mui bela que trouxera el Rey y
da Virgen Santa Maria, que eu per meus ollos vi
fazer mui grandes miragres en enfermos guarecer.
A Sennor que mui ben soube per sa lingua responder...

Esta era tan fremosa e de tan bõa façon,
que quen quer que a viia folgava-ll' o coraçon;
e porend' el Rei e todos avian gran devoçon
en ela, e amyud' i a yan poren veer.
A Sennor que mui ben soube per sa lingua responder...

Ond' avo pois na festa do dia en que naceu
esta Virgen groriosa que nos muito mal tolleu
que o demo nos fazia e ena graça meteu
de seu Fillo Jhesu-Christo, que quis om' e Deus seer;
A Sennor que mui ben soube per sa lingua responder...

Esse dia que vos digo el Rei sa missa oyu
na grand' eigreja da See, que se nunca en partiu
ata que foi toda dita; mais o poblo lle pediu
que aquela sa omagen lles fezess' aly trager.
A Sennor que mui ben soube per sa lingua responder...

[E] el Rei con amor grande que avia do logar,
porque seu padr' e sa madre fezera y soterrar,
outorgou-lles a omagen, que non quis per ren tardar
que lla non trouxesse logo, sen fillar neun lezer.
A Sennor que mui ben soube per sa lingua responder...

E foi log' a ssa capela, que se non deteve ren,
e levou-lles a omagen apostament' e mui ben
con mui grandes procissões, com' a tal feito conven,
loand' a que é loada e deve sempre seer.
A Sennor que mui ben soube per sa lingua responder...

E tanto que a omagen aa eigreja chegou,
u mudo que dentr' estava per sinas enpreguntou
que er'; e pois llo disseron, a lingua se lle soltou
faland', e [a] Virgen santa ccomeçou a beizer.
A Sennor que mui ben soube per sa lingua responder...

Dous anos foron que nunca falara el tal nen qual;
mais o que primeiro disse foi: «Santa Maria, val,
ca por ti sõo guarido, ai, Sennor esperital.»
E começoti log' as mãos contra os ceos erger.
A Sennor que mui ben soube per sa lingua responder...

El Rey e quantos y eran deron poren gran loor
aa Virgen groriosa, Madre de Nostro Sennor,
porque a el e a todos lles mostrou atal amor,
que tan fremoso miragre foi ben ant' eles fazer.
A Sennor que mui ben soube per sa lingua responder...