Cantigas de Santa Maria/CCCXXV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXXV


Como Santa Maria de Tudia sacou ha manceba de cativo.

Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia,
ca assi pelo mar grande come pela terra guia.

Ca a que nos abr' os braços e o inferno nos serra,
tan ben faz pelo mar vias come pela chãa terra;
e quen aquesto non cree maravillosament' erra
e de Deus en niun tempo perdon aver non devia.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

E de tal razon com' esta direi mui maravilloso
miragre que fez a Virgen, e d'oyr mui saboroso;
e quen parar y ben mentes terrá-o por piadoso
e averá mais fiança eno seu ben todavia.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

Na terra d'Affrica ouve en Tanjar ha cativa
moller a que davan pa cada dia muit' esquiva
con pouco pan e mui mao, e mui mais morta ca viva
era, se lle non valvesse la Virgen Santa Maria.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

Aquesta natural era do gran reino de Sevilla,
dun logar en que miragres faz a de Deus Madr' e Filla,
que Tudia é chamado; e d'oyr a maravilla
que avo deste feito muito m'ende prazeria.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

Esta con outra cativa jazian en prijon forte
da moura que o demo fillou pera sy en sorte,
que enfermidade grande adusse mui tost' a morte;
mais enante que morresse amba-las chamar fazia.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

E conssellou-lles que fossen mouras e crischãidade
leixassen, e fossen fora daquela catividade,
e lles faria grand' algo e dar-lles-ya herdade,
e que con mouros mui ricos a ambas casa-las faria.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

E se fazer non quisesse[n] esto, logo nas cadas
ambas mete-las faria e dar-lles tan grandes pas
que lles non ficassen sãos coiros nen nervos nen vas,
e demais, sobre tod' esto, escabeça-las faria.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

A ha disse con medo que o faria de grado;
mais a outra mui sannuda disse: «Sol non é penssado,
ca mia alma e meu corpo todo ei acomendado
aa eigreja da Madre de Deus que é en Tudia.»
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

A moura con mui gran sanna mandou-as log' essa ora
no carcer deitar ontranbas; mais aquela sen demora
adormeceu, e a Virgen lle disse: Sal acá fora
deste logar e trei migo, ca eu te porrei na via.»
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

Pois a cativa esperta foi, achou-ss' en u camo
ancho e chão, sen pedras, e andou-o mui festynno,
que pan non comeu bocado nen beveu agua nen vo,
ata que preto de Silve foi quando aluzeçia.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

E ascuitou ha peça e oyu falar os mouros
que yan cavar as vas, deles brancos, deles louros;
e oyu mogir as vacas e oyu bruyar os touros,
e diss': «En terra de Tanjar me sõo como soya.»
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

A pouco rato pois esto vyu gran peça de crischãos
que yan veer sas vas, todos sas lanças nas mãos;
e entendeu que seus sonnos non foron falssos nen vãos,
mais verdade mui certeira qual con seus ollos viia.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

E pois entrou ena vila, foi-sse log' aa eigreja
da Virgen Santa Maria, que é beita e seja,
e viu estar ajuntada y mui gran gente sobeja,
e de com' o feito fora todo lle-lo retraya.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

E eles grandes loores deron logo da primeira
aa Virgen groriosa, Madre de Deus verdadeira;
mais o colar da cada toller per nulla maneira
do colo non llo poderon, nen per nulla maestria.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

Enton a moller lles disse: «Eu sõo pobr' e mesqynna,
e se m'alg' a dar avedes por Deus, dade-mio aga,
e yr-m-ei pera Tudia, a cas da Santa Rea
que me sacou de cativo u mui coitada jazia.»
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

Eles deron-ll' algu', e foi-sse. E logo que foi entrada
en Tudia na eigreja da Reynna corõada,
caeu-ll' o colar do colo, que sse non deteve nada;
e o sancristan tan toste a gran campãa tangia.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...

E quantos aly estavan e este feito souberon,
todos aa Virgen santa porende loores deron;
des y aa moller bõa porend[e] algo fezeron,
e ela dend' adeante ena eigreja servia.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Dia...