Cantigas de Santa Maria/CCCXXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXXVI


Como Santa Maria de Tudia prendeu os ladrões que lle furtaron as colmas.

A Santa Maria muito ll' é greu
de quen s' atreve de furta-lo seu.

Ca a Sennor que o atan ben dá
non á ome razon de lle furtar
nen de roubar-ll' o seu nen llo fillar,
ca servindo-a ben ave-lo-á.
A Santa [Maria] muito ll' é greu...

E daquesta razon vos contarei
un gran miragre que fez ha vez
en Tudia esta Sennor de prez,
e daqueles que foron y o sei
A Santa Maria muito ll' é greu...

A aqueste logar con devoçon
ven y as gentes e son romeus
por servir a nobre Madre de Deus,
e dan y todos mui grand' ofreçon.
A Santa Maria muito ll' é greu...

Onde foi que un ome mui fiel
desta Sennor foi aly offrecer
sas colmas, de que podess' aver
a eigreja muita cera e mel.
A Santa Maria muito ll' é greu...

E quen a verdade saber quiser,
saberá que as poseron aly
derredor da eigreja, e, com' oý,
guardava-as ha pobre moller.
A Santa Maria muito ll' é greu...

E ladrões ha noit' ant' a luz
furtáronas todas e foron-s' en,
assi que non envergonnaron ren
a ela neno que morreu na cruz.
A Santa Maria muito ll' é greu...

Outro dia, pois viron este mal,
os do logar fillaron-s' a carpir,
e log' a Santa Maria pedir
foron vingança deste feito tal.
A Santa Maria muito ll' é greu...

E log' un cavaleir' aly chegou
que de toda a terra a redor
era jostiça, e pois sabedor
foi deste feito, busca-los mandou.
A Santa Maria muito ll' é greu...

E el meesmo non foi y de dur
en pos eles, buscando-os assaz,
ata que os viu jazer como jaz
o cõello ascondud' ou o mur.
A Santa Maria muito ll' é greu...

E as colmas tian atras
deitadas, e non podian de pran
fogir con elas; enton manaman
os prendeu, que non atendeu a cras.
A Santa Maria muito ll' é greu...