Cantigas de Santa Maria/CCCXXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXXVII


Como Santa Maria guariu o crerigo que se lle tornaran as pernas atras porque fez us
panos mores dun pano que furtou de sobelo altar.

Porque ben Santa Maria sabe os seus dões dar,
muito per faz gran folia quen lle vai o seu furtar.

Onde, se m'oyr quiserdes, daquesto vos contarei
un miragre mui fremoso que fez a Madre do Rey
Jhesu-Crist' en Odimira, como vos ora direi,
u ela fez ende muitos outros en aquel logar.
Porque ben Santa Maria sabe os seus dões dar...

Mas este foi muit' aposto e feito con gran razon;
ca ha moller seu pano foi dar en offereçon
a ha eigreja sua, feita des mui gran sazon,
que está fora da vila, assi com' oý contar.
Porque ben Santa Maria sabe os seus dões dar...

Pouco mais ca ha vara o pan' era, com' oy,
e era mui ben teçudo e mui delgad' outrossi;
e porend' a moller bõa fora-o põer aly
na eigreja, u o vissen estar sobelo altar.
Porque ben Santa Maria sabe os seus dões dar...

Un crerigo da eigreja que o viu aly seer,
creceu-ll' en tal cobiiça que o foi log' en toller,
e levou-o a ssa casa e mandou ende fazer
panos con que cobriss' ende o con que ya peccar.
Porque ben Santa Maria sabe os seus dões dar...

E pois que os ouve feitos e con eles sse cobryu,
deitava-ss' a dormir logo; mais pero pouco dormiu,
ca os calcannares anbos pelos lombos os sentiu
que ll' entraron tan de rijo que os non pod' en tirar.
Porque ben Santa Maria sabe os seus dões dar...

E con mui gran coita fera que avia de door,
braadou muit' e dizendo: «Ai, Madre do Salvador,
rogo-te que eu non moira assi, se t' en prazer for.»
E do erro que fezera fillou-s' a mãefestar
Porque ben Santa Maria sabe os seus dões dar...

Ante todos, e chorando ar fillou-ss' a repentir,
e dun gran pano de lenço fez log' o altar cobrir.
E porende, meus amigos, quen este miragr' oyr
nunca seja atrevudo ena Virgen desonrrar.
Porque ben Santa Maria sabe os seus dões dar...

E sobr' esto à eigreja o levaron manaman,
e todos por el rogaron a Sennor do bon talan;
e ela guariu-o logo, que non prendeu y afan;
poren todos começaron o seu nome de loar.
Porque ben Santa Maria sabe os seus dões dar...