Cantigas de Santa Maria/CCCXXXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXXXIII


Como Santa Maria de Terena guariu u ome contreito que andava en carreta mais avia de
.XV. anos.

Connosçudamente mostra miragres Santa Maria
en aqueles que a chaman de coraçon noit' e dia.

Ca por esto quis Deus dela nacer, que dos peccadores
foss' ant' el por avogada, des i que todas doores
guariss' e enfermidades; e daquesto sabedores
somos que sobre los santos todos á tal melloria.
Connosçudamente mostra miragres Santa Maria...

E poren vos direi ora un miragre que á feito
en Terena esta Virgen, Madre do Fillo beito,
en u mesqo que era de todos nenbros contreito
si que en carret' andava mais de quinz' anos avia.
Connosçudamente mostra miragres Santa Maria...

Este tiynna os braços tortos atras, e as mãos
tortas assi e os dedos, e os pees non ben sãos,
ca eran outrossi tortos atras; e esto crischãos
viron e judeus e mouros, daquest' enquisa dari'. A
Connosçudamente mostra miragres Santa Maria...

Muitos santos lo trouxeron u Deus miragres mostrava
grandes, mais non lle valia nada, ca Deus o guardava
pera a ssa Madre Virgen que o guariss'; e rogava
el sempre a Groriosa que daquela malautia
Connosçudamente mostra miragres Santa Maria...

Lle désse por ssa bondade saud'. E assi andado
[ja] ouve per muitas terras, assi que ouve chegado
a Terena, u a Virgen fez muito miragr' onrrado,
ca ela é dos coitados esforço e luz e via.
Connosçudamente mostra miragres Santa Maria...

Pois que foi ena eigreja da Sennor de ben conprida,
fez fazer candeas logo que sa oraçon oyda
foss' e diss': «Ai, Virgen Madre, se alga vez servida
fuste de mi algun teripo, val, ca mester me seria.»
Connosçudamente mostra miragres Santa Maria...

Chorou muito dos seus ollos aquela noite jazendo
na eigreja ssa carreta e no coraçon gemendo
feramente seus pecados e sa oraçon fazendo
aa Virgen groriosa o mellor que el podia.
Connosçudamente mostra miragres Santa Maria...

As gentes que o viian assi tolleit' e perdudo,
maravillavan-sse dele; mais quise Deus que sabudo
foss' ante que fosse são, e de todos y veudo,
por que foss' este miragre mais provado todavia.
Connosçudamente mostra miragres Santa Maria...

Jazend' assi na eigreja sempre gemend' e chorando
á Virgen Santa Maria e de coraçon rogando
que ll'ouvesse piadade, foi-sse-ll' o tenp' alongando,
que non [pud'] aver saude tan toste com' el queria.
Connosçudamente mostra miragres Santa Maria...

Ca des Pasqua y jouve assi como vos eu digo
ata setembro meado a conssell' e a abrigo
da Virgen Santa Maria; e el jazend' y mendigo,
ha noite de ssa terra foi y mui gran romaria.
Connosçudamente mostra miragres Santa Maria...

Aquela noite fezeron vegia grand' e onrrada;
mais, que fez a Virgen santa, dos peccadores vogada?
De noit' a aquel mesqo foi e log' essa vegada
pos as sas mãos mui toste aly per u mal sentia.
Connosçudamente mostra miragres Santa Maria...

Des y estirou-ll' os nenbros todos, e per ssa vertude
foi tan tost' o corpo todo guarid' e ouve saude,
ca xe sol ela de taes feitos fazer ameude;
e ergeu-ss' o ome logo da carreta u jazia,
Connosçudamente mostra miragres Santa Maria...

Loando a Groriosa. E as gentes s' espertaron
todos [a] aquestas vozes; e poi-lo são acharon,
a Virgen Santa Maria mui de coraçon loaron,
porque tan apost' acorre a quen por ela confia.
Connosçudamente mostra miragres Santa Maria...