Cantigas de Santa Maria/CCCXXXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCCXXXVI


Esta é como un cavaleiro que era mui luxurioso, per rogo que fezo a Santa Maria,
[ouve] cambiada a natura que nunca pois catou por tal preito.

Ben como punna o demo en fazer-nos que erremos,
outrossi a Virgen punna como nos d'errar guardemos.

Ca assi com' ele sempre anda buscando carreiras
pera mal fazer no mundo, falssas e mui mentireiras,
assi ar busca a Virgen santas e mui verdadeiras,
por que mercee ajarnos de Deus, que sempr' atendemos.
Ben como punna o demo en fazer-nos que erremos...

E daquest' un gran miragre que oý dizer-vos quero,
que fezo ha vegada maravillos' e mui fero
a Virgen mui groriosa, de que gran merce' espero;
e se ben nos ascuitardes, de grado vo-lo diremos.
Ben como punna o demo en fazer-nos que erremos...

Esto foi dun cavaleiro que de coraçon amava
a esta mui Groriosa e que sempre a loava
quant' el mais loar podia, e por seu amor ar dava
a pobres e a mesqos, esto de certo sabemos.
Ben como punna o demo en fazer-nos que erremos...

Este cavalciro era grand' e apost' e fremoso,
manss[o] e de bon talante, sen orgull' e omildoso
e mesurad' en seus feitos; pero tan luxurioso
era que mais non podia seer, per quant' aprendemos,
Ben como punna o demo en fazer-nos que erremos...

Pero quando lle nenbrava a Sennor de ben conprida,
quedava-ll' aquela coita e era de bõa vida;
mais depois ll' escaecia, como ome que s' obrida
e que non é en seu siso, e de taes connocemos.
Ben como punna o demo en fazer-nos que erremos...

El aquest' assi fazendo e cono demo luitando,
non estand' en un estado, mais caend' e levantando,
viu en vijon a Rea dos ceos, e el chorando
lle disse: « Sevinor, mercee, ca en ti a acharemos
Ben como punna o demo en fazer-nos que erremos...

Cada que fezermos erro. Porend' a ta santidade
rogo que m' ajas mercee e pola ta piadade
non cates a como sõo mui comprido de maldade
eu e os mais deste mundo por pecados que fazernos.»
Ben como punna o demo en fazer-nos que erremos...

Enton a Virgen mui santa cató-o come sannuda
e disse-ll: «A esperança que ás en mi é perduda
se daquesto que tu fazes teu coraçon non se muda
e non leixas aquel erro que nos muit' avorrecernos.»
Ben como punna o demo en fazer-nos que erremos...

Enton diss' o cavaleiro: «Mia Sennor, eu sõo vosso,
e a vos per nulla guisa mentir non devo nen posso;
mais est' erro per natura ben des Adan é-xe nosso,
de que non seremos sãos, se per vos non guarecernos.»
Ben como punna o demo en fazer-nos que erremos...

Enton respondeu a Virgen mui comprida de mesura:
Porque teu ben connocemos e entendes ta loucura,
eu farei que o meu Fillo te cambiará a natura
que ja mais esto non faças, ca desto poder avemos.»
Ben como punna o demo en fazer-nos que erremos...

Enton foi-ss' a Virgen santa; e logo en outro dia
por poder da groriosa beita Santa Maria
o cavaleiro que ante con gran luxuri' ardia
tornou mais frio ca neve, nos miragres lo leemos.
Ben como punna o demo en fazer-nos que erremos.

E viveu depois sa vida quamanna Deus quis e quanta,
mui bõa, assi com' ome que sempr' en seu ben avanta,
por prazer da Groriosa que ao demo quebranta,
a que sempre peccadores porende loores demos.
Ben como punna o demo en fazer-nos que erremos...