Cantigas de Santa Maria/CCII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCII


Esta é como un clerigo en Paris fazia ha prosa a Santa Maria e non podia [achar] ha
rima, e foi rogar a Santa Maria que o ajudasse y, e achó-a logo. E a Magestade lle
disse «muitas graças.»

Muito á Santa Maria, Madre de Deus, gran sabor
d' ajudar quen lle cantares ou prosas faz de loor.

Daquest' ora un miragre oý, pouc' á, retraer
que a un arcidiago avo, que gran prazer
avia en fazer prosas de ssa loor e dizer
sa bondad' e ssa mesura e seu prez e ssa valor.
Muito á Santa Maria, Madre de Deus, gran sabor...

El ha prosa fazia que era feita mui ben,
se non fosse ha rima soa que minguava en;
e achar nona podia, e cuidava que per ren
per el ja non ss' acharia, nen per outro sabedor.
Muito á Santa Maria, Madre de Deus, gran sabor...

El ja por desasperado de ss' aquela rim' achar
per ome daqueste mundo, foi-ss' enton a un altar
da Virgen Santa Maria e começou-ll' a rogar
de ss' acabar esta prosa que lle foss' ajudador.
Muito á Santa Maria, Madre de Deus, gran sabor...

Ca ela era ben feita de ssa loor e de Deus
e de com' a Tridade entendessen os encreus;
e el dar non lle podia neun cabo, mas os seus
gollos ficou que ela foss' end[e] acabador.
Muito á Santa Maria, Madre de Deus, gran sabor...

Estand' el assi en prezes, vo-lle a coraçon
a rima que lle minguava, que era de tal razon
en latin e que mostrava: «Nobile Triclinium.»
E non avia palavra que y fezesse mellor
Muito á Santa Maria, Madre de Deus, gran sabor...

Esta rima que vos digo, e que quer dizer assi:
Nobre casa de morada, tres moradas á en ti:
Deus Padre e o seu Fillo e o Sant' Espirit' y
veron morar sen falla por nos fazeren amor.
Muito á Santa Maria, Madre de Deus, gran sabor...

Pois ouv' a pros' acabada, Santa Maria loou
que lla tan ben acabara, e con gran prazer chorou.
Mais a cabo da peça a omage s'enclinou
dela e mui passo disse: «Muitas graças, meu sennor.»
Muito á Santa Maria, Madre de Deus, gran sabor...

Este miragre que Santa Maria demostrar quis
conteceu, non á gran tenpo, na cidade de Paris;
e veredes a omagen, por seerdes en mais fis,
oge dia enclinada estar dentr' en San Vitor.
Muito á Santa Maria, Madre de Deus, gran sabor...