Cantigas de Santa Maria/CCIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCIII


Como Santa Maria acrecentou a fara a ha bõa moller porque a dava de grado por seu
amor.

Quen polo amor de Santa Maria do seu fezer
algun ben, dar-vo-ll-á ela que dé, se o non tever.

Por esto dev' ome sempre a servir e a guardar
a Virgen Santa Maria e no seu ben confiar;
ca vos direi un miragre que quis pouqu' i á mostrar
a ha sua amiga que era santa moller.
Quen polo amor de Santa Maria do seu fezer...

E[n] servir Deus e os santos avia mui gran sabor,
e seu tempo despendia en servir Nostro Sennor;
e se ll' os pobres pedian esmolna polo amor
da Virgen Santa Maria, logo lles dava que quer
Quen polo amor de Santa Maria do seu fezer...

Que tevesse. En ssa casa un dia estand' assi,
muitos pobres vergonnosos pedir veron ali,
e deu-lles ha grand' arca de farynna cha y;
disseron: «Santa Maria vos dé ben, se ll' aprouguer.»
Quen polo amor de Santa Maria do seu fezer...

A cabo da gran peça outra conpanna chegou
de pobres, e ouve doo deles grande e chamou
ante ssi ha ssa filla e disso: «Sse y ficou
ja que pouca de fara, dade-ll' a que y ouver.»
Quen polo amor de Santa Maria do seu fezer...

A filla enton lle disso: «Con mia mão varri ja
a arca.» E diss' a madre: «Ar yde pero alá.»
E foi e achou-a cha de farynna ben ata
na cima, e deu-lles dela quanto lles ouve mester.
Quen polo amor de Santa Maria do seu fezer...