Cantigas de Santa Maria/CCIV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCIV


Como Santa Maria guariau un frade por rogo de San Domingo.

Aquel que a Virgen Santa Maria quiser servir,
quand' ouver coita de morte, ben o pod' ela guarir.

Daquesto a San Domingo un miragre conteceu:
El un bon arcediago en ssa orden recebeu,
que era mui leterado, e por aquest' entendeu
que podia en começo per ele mui mais comprir.
Aquel que a Virgen Santa Maria quiser servir...

El daquel arcediago avia mui gran sabor,
ca con ele preegava o ben de Nostro Sennor;
e andando preegando, vo-lle mui gran door,
e San Domingo coitado foi de ll' aquel mal vir.
Aquel que a Virgen Santa Maria quiser servir...

Ca el era tan coitado que non avia en ssy
nen sol un sinal de vida; e os fisicos daly
dizian que poderia daquela guarir assy
como poderia morto de sso terra resorgir.
Aquel que a Virgen Santa Maria quiser servir...

El jazend' assi por morto, Santo Domingo rogou
a Virgen Santa Maria que lle valvess'. E entrou
ela u ele jazia e mui ben o confortou,
e o doente mercee começou-lle de pedir.
Aquel que a Virgen Santa Maria quiser servir...

Pos ela virges muitas entraron e a dizer
fillaron sass orações e per seus livros leer,
e des i ar começaron elas de mui gran lezer
a cabeça e o corpo e os pees a ongir.
Aquel que a Virgen Santa Maria quiser servir...

A cabeça log' ungiron por lle Deus y siso dar,
e o corpo por ja senpre de forniço sse quitar,
e os pees por con eles yr no mundo preegar
e que fezesse as gentes que erravan repentir.
Aquel que a Virgen Santa Maria quiser servir...

San Domingu' en outra casa jazia long' e viu ben
com' entrou Santa Maria, e muito lle per proug' en,
e viu com' era ongido, e deu-lle graças poren
e disso: «Tan piadosa sennor dev' om' a servir.»
Aquel que a Virgen Santa Maria quiser servir...

Pois que foi mui ben ongido, Santa Maria sayu
sse dali con ssas virgese aos ceos sobiu,
e log' o arcediago a essa ora guaryu.
Por esto de seu serviço non sse dev' om' a partir.
Aquel que a Virgen Santa Maria quiser servir...