Cantigas de Santa Maria/CCV

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCV


Como Santa Maria quis guardar ha moura que tia seu fillo en braços u siia en ha torre
ontre duas amas, e caeu a torre, e non morreu nen seu fillo, nen lles enpeceu ren, e
esto foi per oraçon dos creschãos.

Oraçon con piadade oe a Virgen de grado,
e guard' á de mal por ela o que ll' é encomendado.

Ca aquestas duas cousas fazen mui conpridamente
gaannar amor e graça dela, se devotamente
se fazen e como deven; e assi abertamente
parece a ssa vertude sobre tod' ome coitado.
Oraçon con piadade oe a Virgen de grado...

E sobr' aquest' un miragre vos rogo que m[e] ouçades
que fezo Santa Maria; e se y mentes parades,
oiredes maravilla mui grand', e certos sejades
que per oraçon mostrada foi ante muit' om' onrrado.
Oraçon con piadade oe a Virgen de grado...

Na fronteira un castelo de mouros mui fort' avia
que combateron crischãos que sayan d' açaria
d' Ucres e de Calatrava con muita cavalaria;
e era y Don Affonsso Telez, ric-ome preçado,
Oraçon con piadade oe a Virgen de grado...

[Q]ue tragia gran conpanna de mui bõos cavaleiros,
ardidos e arrizados, e demais bõos guerreiros
e almogavares muitos, peões e baesteiros,
per que o castelo todo muit' aga foi entrado.
Oraçon con piadade oe a Virgen de grado...

O castelo fortemente foi derredor combatudo
e os muros desfezeron, ond' en gran medo metudo
foi o poblo que dentr' era; e pois que sse viu vençudo,
colleu-sse a ha torre mui fort'. E de cada lado
Oraçon con piadade oe a Virgen de grado...

Na torre meteron cavas e fogo pola queimaren;
e os mouros que dentr' eran, por sse mellor a[m]pararen
do fogo, ontr' as amas punnavan de sse deitaren;
e assi morreron muitos daquel poblo malfadado.
Oraçon con piadade oe a Virgen de grado...

Con esta coita tan grandedo fogo que os cegava
e d' outra parte do fogo que os mui forte queimava,
ha moura con seu fillo, que mui mais ca si amava,
sobiu-sse con el encima, que lle non foss' afogado.
Oraçon con piadade oe a Virgen de grado...

E ontre duas amas se foi sentar a mesqua
con seu fillo pequeno que en seus braços tia;
e pero que mui gran fogo de todas partes viynna,
a moura non foi queimada nen seu fillo chamuscado.
Oraçon con piadade oe a Virgen de grado...

O maestre Don Gonçalvo Eanes de Calatrava,
que en servir Deus en mouros guerrejar se traballava
e porend' aquela torre muito conbater mandava,
e outrossi Don Alffonsso Telez, de que ei falado,
Oraçon con piadade oe a Virgen de grado...

E quando viron a torre que era toda cav[a]da
e viron ontr' as amas aquela mour' assentada,
semellou lles a omagen de com' está fegurada
a Virgen Santa Maria que ten seu Fill' abraçado.
Oraçon con piadade oe a Virgen de grado...

E ouveron piadade eles e quantos crischãos
a viron, e con gran doo alçaron a Deus as mãos
que os de morte guardasse, pero que eran pagãos;
e desto quis Deus que fosse un gran miragre mostrado.
Oraçon con piadade oe a Virgen de grado...

E daquela part' a torre u eles eran tan passo
se leixou vir a terra sobr' un gran chão devasso
que ne deles morto non foi, ferido nen lasso,
nena madre neno fillo; mas pousou-os en un prado
Oraçon con piadade oe a Virgen de grado...

A Virgen Santa Maria, a que por ela rogavan
os crischãos. Poren todos muito sse maravillavan;
a ela e a seu Fillo mui grandes loores davan,
e a moura foi crischãa e seu fillo batiçado.
Oraçon con piadade oe a Virgen de grado...