Cantigas de Santa Maria/CCVI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCVI


Como o papa Leon cortou sa mão, porque era tentado d' amor da moller que lla beijara,
e pois sãó-o Santa Maria.

Quen souber Santa Maria ben de coraçon amar,
pero o tent' o diabo, nunca o fará errar.

E daquesto un miragre conteo, non á gran sazon,
dun Papa que ouv' en Roma, que nom' avia Leon,
a que punnou o diabo de meter en tentaçon,
porque en Santa Maria era todo seu cuidar.
Quen souber Santa Maria ben de coraçon amar...

Porque era Padre Santo, o diabo traballou
per como o enganasse; e tanto pos el andou
que por mui gran fremosura de moller o enganou,
que ll' amostrou u sa missa dizia sobr' un altar.
Quen souber Santa Maria ben de coraçon amar...

El a dona mais fremosa d' outra ren viu e meteo
mentes enas sas feituras, ca o demo o venceo;
e depois do Avangeo ssa offerta ll' ofereo
a dona e en gollos lle foi a mão beijar.
Quen souber Santa Maria ben de coraçon amar...

Pois que lle beijou a mão, ouv' el tal coita des y
que nunca ar parou mentes ena missa, nen de ssi
non sabia que fezesse, e disso: «Mal dia vi
beldade daquesta dona, que me fez Deus obridar
Quen souber Santa Maria ben de coraçon amar...

Des que me beijou a mão, ca de mi parte non sei;
e porque me deste beijo ora tan muito paguei,
a mia mão por aquesto cona outra cortarei.»
E fillou log' un cuitelo e foi a mão cortar.
Quen souber Santa Maria ben de coraçon amar...

O poboo parou mentes que foss' u soya yr
preegar e dizer missa; e poi-lo viron partir
de preegar enas festas e de cantar, referir
llo foron muito as gentes e porend' en el travar.
Quen souber Santa Maria ben de coraçon amar...

Pois que ouv' a mão corta, non podia ja dizer
missa de Santa Maria, e fillou-ss' end' a doer,
e de coraçon rogou-a que lle déss' algun poder,
per que ja quando podesse a sua missa cantar.
Quen souber Santa Maria ben de coraçon amar...

E pois viu Santa Maria que avia tal sabor
de a servir, seu enguento aduss' a bõa Sennor
e untou-lle ben a chaga, e perdeu log' a door,
e pose-ll' a sua mão ben firme en seu logar.
Quen souber Santa Maria ben de coraçon amar...

E tan toste foi guarido da mão, apost' e ben,
pola Virgen groriosa, Madre do que nos manten;
e contou est' aas gentes, que lles non leixou en ren,
e porque o mais crevessen, foi-lles a mão mostrar.
Quen souber Santa Maria ben de coraçon amar...