Cantigas de Santa Maria/CCLXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXVIII


Como Santa Maria guareceu en Vila-Sirga ha dona filladalgo de França, que avia
todo-los nenbros do corpo tolleitos.

Gran confiança na Madre de Deus sempr' aver devemos
por muitos bõos miragres que faz, de que nos loemos.

Ca o que gran confiança en ela ouver, sen falla
en toda coita que aja ben creede que lle valla;
e porend' un seu miragre oyde, se Deus vos valla,
que fezo en Vila-Sirga, ond' outros muitos sabemos.
Gran confiança na Madre de Deus sempr' aver devemos...

Ha dona filladalgo, que ben de terra de França
era natural, avia na Virgen gran confiança;
e servindo-a de grado sempre sen nulla dultança,
ouv' en seu corpo doores grandes que todos tememos.
Gran confiança na Madre de Deus sempr' aver devemos...

Esta dona que vos digo avia todo tolleyto
o corpo, que non avia neun dos nenbros dereito;
des y en ha carreta a tragian, e proveito
non ll' avian romarias de santos, com' aprendemos.
Gran confiança na Madre de Deus sempr' aver devemos...

E la as[s]i mui coitada per santuairos andando,
romeus que de Santiago yan foron-lle contando
os miragres que a Virgen faz en Vila-Sirgu'; e quando
os oyu esta dona, fez o que nos vos diremos:
Gran confiança na Madre de Deus sempr' aver devemos...

Chorou muito dos seus ollos e aos ceos as mãos
alçou e diz. «Virgen sant', a que non creen os pagãos,
a ti offer' estes nenbros mancos, que non tenno sãos,
ca todo-los peccadores en ti esperanç' avemos.
Gran confiança na Madre de Deus sempr' aver devemos...

E promet' eu, Virgen santa, que eu aa ta eigreja
de Vila-Sirga de grado vaa, que eu sãa seja
per ti desta mia gran coita que eu padesqu' e sobeja,
ca nos vida e saude todos de ti atendemos.»
Gran confiança na Madre de Deus sempr' aver devemos...

Pois que prometeu aquesto con devoçon atamanna,
esta dona en carreta sse fez trager a Espanna;
e pois foi en Vila-Sirga fez, como sol seer manna
dos romeus, muitas candeas, assi como entendemos.
Gran confiança na Madre de Deus sempr' aver devemos...

E mandou que na eigreja a metessen muit' aga;
e pois ant' o altar jouve da Virgen santa, Rea,
diz: Ai, Sennor poderosa, nenbra-te de mi mesqa,
ca todo-los peccadores coitados a ti acorremos;
Gran confiança na Madre de Deus sempr' aver devemos...

Sennor manssa, Sennor bõa, de todos bes comprida,
tu es corõa dos santos e tu dos angeos vida;
dá-me pola ta vertude a este corpo guarida,
ca muit' aga o podes fazer, como nos creemos.»
Gran confiança na Madre de Deus sempr' aver devemos...

Pois que a oraçon feita ouv' esta moller coitada,
log' a Virgen preciosa, dos peccadores vogada,
deu lle saud' en seu corpo, e foi sãa e cobrada
de quantos nenbros avia rnais toste ca vos dizemos.
Gran confiança na Madre de Deus sempr' aver devemos...

Pois esta dona guarida foi da coita que avia,
tornou-sse pera ssa terra e foi de Santa Maria
servidor mentre foi viva. E poren nos todavia
por tan fremoso miragre sirvamo-la e loemos.
Gran confiança na Madre de Deus sempr' aver devemos...