Cantigas de Santa Maria/CCLXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXIX


Como un menino que era sordo e mudo resuscitó-o Santa Maria per rogo de sa madre do
menino e fez-lle cobrar o falar e o oyr.

A que poder á dos mortos de os fazer resorgir,
pod' os mudos e os sordos fazer falar e oyr.

Dest' un gran miragre fezo por hua bõa moller
a Virgen Santa Maria, que faz muitos quando quer,
grandes e maravillosos, e acorr' u á mester
a aqueles que a chaman ou que a saben servir.
A que poder á dos mortos de os fazer resorgir...

Aquesta moller avia un fillo que mui gran ben
queria mais d'outra cousa, pero non oya ren
nen falava nemigalla; e a mesqynna poren
quant' avia despendera pera faze-lo guarir.
A que poder á dos mortos de os fazer resorgir...

Pois viu que lle non prestava nen meeza nen al,
tornou-s' a rogar a Virgen, a Sennor esperital,
porque senpr' aos coitados nunca lles erra nen fal,
e vegias das sas festas jajava sen falir.
A que poder á dos mortos de os fazer resorgir...

O fillo, que era mudo, per sinas lle preguntou
por que tanto jajava; e ela lle dessinou
que pola Virgen beita o fazia. El fillou
se a jajar com' ela e mercee lle pedir
A que poder á dos mortos de os fazer resorgir...

Na voontad' e per sinas, esto con gran devoçon.
Mas ha enfermidade grande ll' avo enton,
que por morto o teveron seus parentes; pero non
lle proug' a Santa Maria que assi fosse fir.
A que poder á dos mortos de os fazer resorgir...

Ca eno leito jazendo agynna se foi erger
e falou dereitamente e começou a dizer:
«Mia Sennora, ben vennades.» E ar, com' en responder,
diz: «Sennor, de bõa mente o farei eu, sen mentir.»
A que poder á dos mortos de os fazer resorgir...

E ar diss' outra vegada: «De bõa mente verrei.»
Quand' esto oyu sa madre, disse como vos direi:
«Meu fillo, con quen falades?» Diss' el: «Nono negarei:
falo con Santa Maria, que me fezo resorgir
A que poder á dos mortos de os fazer resorgir...

E me disse «Deus te salve»; e eu respondi que ben
fosse vud', e ar disse que non leixasse per ren
que me ben non confessasse; e eu respondi poren
que me queria de grado dos peccados repentir.
A que poder á dos mortos de os fazer resorgir...

Ar disse-m' outra vegada, que se eu pesseverar
en seu serviço quisesse, que me faria levar
mui ced' ao parayso; e eu logo sen tardar
respondi que mui de grado queria con ela yr.»
A que poder á dos mortos de os fazer resorgir...

Des quand' aquest' ouve dito, são do leito s' ergeu,
que non foi mudo nen sordo, mas comeu logu' e beveu.
Quand' aquesto viu a gente, log' aa Virgen rendeu
loores; e de nos seja loada, se por ben vir.
A que poder á dos mortos de os fazer resorgir...