Cantigas de Santa Maria/CCLXXII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXXII


Como Santa Maria fez en Son Johan de Leteran en Roma que se mudasse ha sa omagen da a
parede da ygreja na outra.

Maravillosos miragres Santa Maria mostrar
vai por nos, que no-lo demo non faça desasperar.

Que quand' en desasperança nos quer o demo mayor
meter, ben ali nos mostra ela merce' e amor
por que non desasperemos, e porend' atal sennor
devemos mais d' outra cousa senpre servir e loar.
Maravillosos miragres Santa Maria mostrar...

E de tal razon miragre vos contarei que oý
mui grande, que fez a Virgen en Roma, com' aprendi,
en ha eigreja nobre de Leteran que á y,
por ha moller errada que ss' y foi mãefestar.
Maravillosos miragres Santa Maria mostrar...

Esta moller que vos digo, com' este miragre diz,
tan muit' avia errado e era tan peccadriz
que en [al] non se fiava senon na Emperadriz
dos Ceos, ca ben cuidava por ela perdon gãar.
Maravillosos miragres Santa Maria mostrar...

E assi a adussera o demo a cofojon,
que sol nunca a leixava que prendesse confisson;
mas a Virgen, de Deus Madre, ll' amolgou o coraçon,
per que entrou na eigreja e começou de chorar.
Maravillosos miragres Santa Maria mostrar...

E confessou seus peccados a un preste que achou;
e pois que llos ouv' oydos, muito sse maravillou
de tanto mal que fezera, e sobr' aquesto cuidou.
E ela foi mui coitada e começou-ll' a falar
Maravillosos miragres Santa Maria mostrar...

E disse-ll': «Ai, sennor preste, se pode ynda seer
que daquestes meus pecados podess' eu perdon aver?»
Diss' el: «Quand' esta omagen que eu vejo se mover
desta pared' a est' outra e ss' alá toda mudar,
Maravillosos miragres Santa Maria mostrar...

Que éste da groriosa Virgen e Madre de Deus,
enton serás perdõada, cuid' eu, dos pecados teus.»
Quand' a moller oyu esto, chorou tan muito os seus
peccados que ha peça de terra ant' o altar
Maravillosos miragres Santa Maria mostrar...

Mollou, e muito rogando aquela que Deus pariu
que merce' ouvesse dela; e a Virgen a oyu.
E o preste parou mentes e log' a omagen viu
estar na outra pared'; e foi-sse log' agollar
Maravillosos miragres Santa Maria mostrar...

Ant' a moller e rogou-lle que muito ll' era mester
que a Deus por el rogasse, ca nunca ja per moller
mayor miragre mostrara sa Madr': «E pois ela quer
que tu perdõada sejas, queras-me tu perdõar
Maravillosos miragres Santa Maria mostrar...

Do grand' erro que te dixe come ome de mal sen;
ea en mudar-ss' a omagen por ti, mostrou-te que ben
de coraçon t' á parcida a Sennor que nos manten.
E poren por mi lle roga que me non queira culpar
Maravillosos miragres Santa Maria mostrar...

Daquest' erro que ei feito.» E fillou-ss' a repentir;
e pois que foi repentido, começou-sse logo d'ir
braadando pelas ruas, e as gentes fez vir
e mostrou-lles o miragre que fez a Virgen sen par.
Maravillosos miragres Santa Maria mostrar...

E todos enton chorando, segund' eu escrit' achei,
loaron Santa Maria, a Madre do alto Rei;
e a moller depois senpre a serviu, e poren sei
que lle foi gualardõado u nunca verá pesar.
Maravillosos miragres Santa Maria mostrar...