Cantigas de Santa Maria/CCLXXI

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXXI


Esta é de como ha nave estedera tres meses en un rio e non podia sair porque a
conbatian mouros, e Santa Maria sacou-a en salvo.

Ben pode seguramente demanda-lo que quiser
aa Virgen tod' aquele que en ela ben crever.

Desto direi un miragre que fez aquesta Sennor
grand' e mui maravilloso eno rio d'Azamor,
que Morabe é chamado, por lo alcaide mayor
da nave que y era del Rei, sennor d' Alenquer.
Ben pode seguramente demanda-lo que quiser...

Aquela nav' y meteran per cordas, com' aprendi,
no rio que estrei' era, e non podia pois d' y
sair per nulla maneira; porend' estava assy
a nave come perduda, que ata en Monpesler
Ben pode seguramente demanda-lo que quiser...

Mellor dela non avia. Porend' os mouros aver
todavia a cuidavan e viýnnana combater;
mas los que na nave eran sabian-sse deffender
mui ben deles, mas bon vento avian muito mester.
Ben pode seguramente demanda-lo que quiser...

Assi jouveron tres meses que non poderon sayr
pela foz daquele rio, e cuidavan y fir;
mas o alcaide da nave fez aos outros oyr,
dizendo-lles: «Por Deus seja, oyde, se vos prouguer:
Ben pode seguramente demanda-lo que quiser...

Ca como quer que ben crean en Deus os de Portogal,
eu ei tan gran esperança na Virgen espirtal
que, se ll' algo prometemos, sacar-nos-á deste mal;
poren cada un prometa de grado do que tever.
Ben pode seguramente demanda-lo que quiser...

E se vos a Virgen santa deste logar non tirar,
eu quero que me fajades pelos pees pendorar
do masto per ha corda, e quer' enforcad' estar
desta guisa, se tan toste mui bon vento non ver.»
Ben pode seguramente demanda-lo que quiser...

Quand' est' ouve dito, logo cada u deles deu
ajuda pera un calez do aver que era seu;
e o alcaide lles disse: «Por Deus, non vos seja greu
e guisad' os aparellos quis como mellor poder.
Ben pode seguramente demanda-lo que quiser...

E todos Santa Maria roguemos de coraçon
del Poi, que aqueste calez receba en offreçon
e que non cate com' éste pera ela pouco don;
e confonda Deus quen contra esto nulla ren disser.»
Ben pode seguramente demanda-lo que quiser...

Pois esto foi outorgado, a vea alçar mandou;
e pois suso foi alçada, o mar creceu e chegou
lles bon vento qual querian, que log' a nave sacou
fora do rio a salvo. E porende quen fezer
Ben pode seguramente demanda-lo que quiser...

Serviç' a Santa Maria muito será de bon sen,
ca nas cuitas deste mundo acorre-lo-á mui ben
e ena ora da morte nono leixará per ren;
e poren servi-la deve tod' om' e toda moller.
Ben pode seguramente demanda-lo que quiser...