Cantigas de Santa Maria/CCLXXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CCLXXIX


Como el rei pidiu mercee a Santa Maria que o guarecesse da grand' enfermidade que
avia; e ela, como sennor poderosa, guarecé-o.

Santa Maria, valed', ai Sennor,
e acorred' a vosso trobador,
que mal le vai.

A tan gran mal e a tan gran door,
Santa Maria, valed', ai Sennor,
como soffr' este vosso loador;
Santa Maria, valed', ai Sennor,
e sã' é ja, se vos en prazer for,
do que diz «ai».
Santa Maria, valed', ai Sennor...

Pois vos Deus fez d'outra cousa mellor
e vos deu por nossa rezõador,
seede-mi ora bõ' ajudador
en est' enssay
Santa Maria, valed', ai Sennor...

Que me faz a mort', ond' eigran pavor,
e o mal que me ten tod' en redor,
que me fez mais verde mia coor
que dun canbrai
Santa Maria, valed', ai Sennor...

Que fez enton a galardõador
de todo ben e do mal sãador?
Tolleu-ll' a fever e aquel umor
mao e lai.
Santa Maria, valed', ai Sennor...